Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 21 veces

O Concello renova o pavimento da 2ª Travesía Doutor López Astray

Tamén mellora a rede de recollida de pluviais e a seguridade viaria adaptando o paso para peóns no entronque coa Avenida Doutor López Astray. A actuación está valorada en 15.500 euros. Será financiada integramente con fondos propios municipais...

[Img #47082]

 

Comezaron a executarse as obras de renovación do pavimento e mellora da seguridade viaria na 2ª Travesía Doutor López Astray, unha céntrica rúa residencial do núcleo urbano da Laracha e situada xunto á Avenida Doutor López Astray, nunha zona que tamén destaca polo seu carácter comercial.

 

As actuacións consisten na completa renovación do pavimento para facilitar a circulación dos vehículos, na mellora da rede de recollida de augas pluviais para adaptala ás novas características da rúa e no reforzamento da seguridade viaria ao adaptar o paso de peóns existente  precisamente co punto de confluencia entre a 2ª Travesía Doutor López Astray e a Avenida Doutor López Astray –o tramo urbano da DP-1913 entre a Praza do Concello e a estrada de Soandres-.

 

O Concello da Laracha inviste 15.500 euros nesta actuación, que será financiada integramente con fondos propios municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress