Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 4 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces

A ruta ‘Paiosaco Sabe a Tapas’ celebrarase a próxima fin de semana

Do venres 9 ao domingo 11 de novembro. Nove establecementos hostaleiros ofrecerán elaboracións orixinais ao prezo de 1,50 euros. Haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e regalos para os consumidores cedidos polas empresas colaboradoras...

A primeira edición da ruta ‘Paiosaco sabe a tapas’ celebrarase na próxima fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, o patrón da parroquia de Lestón. Farase baixo a organización do Concello da Laracha.

 

Os nove establecementos que forman parte do programa serán Café Bar Balbís, Bar Parrillada O Fogón da Pía, Cervecería Norte, Café Bar A Eira, Café Bar Bello Campo, Café Bar Lestón, Cervecería O Cepo, Cafetería Cervecería Suiza e Cafetería Trevi. Todos eles están situados na propia vila de Paiosaco ou en lugares próximos tamén situados na parroquia de Lestón.

 

Neses nove locais ofreceranse ao público as tapas ao prezo de 1,50 euros o venres (de 20:00 a 24:00 h) o sábado (de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 24:00 h) e o domingo (de 12:00 a 15:00 h).

 

Para amenizar as xornadas, haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco. Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.

 

Coa posta en marcha desta iniciativa en Paiosaco por primeira vez, o Concello da Laracha pecha o círculo organizando programas destas características nos tres núcleos urbanos. A ruta de tapas da capital municipal xa está consolidada como un evento de referencia tanto en marzo como en agosto. En Caión neste ano houbo a primeira experiencia a principios de xuño, co inicio da temporada de verán. En Paiosaco faise nunha data de referencia como é o San Martiño.

 

Ademais de supoñer un impulso para o sector hostaleiro da vila, coa organización de ‘Paiosaco sabe a tapas’ o Concello da Laracha tamén pretende ofrecer a posibilidade aos establecementos de darse a coñecer a veciños, visitantes e turistas e mostrar as elaboracións de calidade que ofrecen ao público en xeral durante todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress