Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 4 de noviembre de 2018 | Leída 11 veces

O Concello crea unha aula de informática e mellora o arquivo no edificio de usos administrativos

Está situado na Avenida Fisterra, moi preto da Praza do Concello. Na aula de informática poderanse desenvolver cursos formativos e obradoiros de emprego, entre outras iniciativas. A mellora do arquivo foi subvencionada pola Xunta de Galicia...

[Img #47076]

 

O edificio de usos administrativos da Laracha está a ser obxecto dunha serie de intervencións impulsadas polo Concello e dirixidas a mellorar e modernizar o seu equipamento para sacar o máximo rendemento deste inmoble situado na Avenida Fisterra, moi preto da Casa Consistorial.

 

Neste edificio están instalados ao completo desde hai varios anos as dependencias da Policía Local, o Centro de Información ás Mulleres e os departamentos municipais de Servizos Sociais, Promoción Económica e Turismo. Ademais, no soto conta cun arquivo e nas súas plantas superiores acolle a parte teórica dos obradoiros de emprego e diversidade de cursos formativos de interese para a veciñanza da Laracha.

 

Precisamente o módulo de carpintería do último obradoiro de emprego realizou neste ano tanto o mantemento da fachada como o mobiliario e as divisións interiores da segunda e da terceira planta deste edificio. Isto permitiu contar agora con salas independentes e completamente amobladas que ofrecerán novas posibilidades ao Concello da Laracha para o desenvolvemento de iniciativas de interese xeral.

 

Nunha desas salas das plantas superiores foi creada unha aula de informática dotada con dezasete equipos, unha actuación financiada integramente con fondos propios municipais e que supuxo un investimento duns 12.000 euros.

 

Ademais, nunha das salas do soto foi instalado un sistema de arquivo móbil compacto en substitución dos andeis metálicos fixos que existían anteriormente. Deste xeito logrouse dispoñer de 550 metros lineais de almacenamento de documentos, máis do dobre que ofrecía o equipamento anterior. Deste xeito facilitarase tanto a clasificación da totalidade da documentación administrativa do Concello da Laracha como tamén a súa localización inmediata por parte dos traballadores municipais. Neste caso a actuación supuxo un investimento superior aos 20.000 euros, cofinanciados entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia ao abeito da convocatoria de axudas para mellora do equipamento e das instalacións e locais municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress