Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de noviembre de 2018 | Leída 16 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña suma información para o Plan de Acción de Servizos Sociais nunha nova xuntanza en Paderne

O Servizo de Atención no Fogar experimentou un incremento de máis de 175.000 € este ano nos concellos de Paderne, Betanzos, Irixoa, Aranga, Coirós e Vilamaior…

[Img #47070]Persoal técnico dos concellos de Paderne, Betanzos, Irixoa, Aranga, Coirós e Vilamaior xunto con representantes de entidades sociais participaron nunha nova xuntanza convocada pola Deputación da Coruña para a elaboración do Plan de Acción de Servizos Sociais e presidida pola deputada da área Ánxela Franco. Na xuntanza, a prevención de adiccións na mocidade e a relevancia do Servizo de Atención no Fogar foron algúns dos temas do encontro.

 

No Concello de Paderne desenvolveuse unha nova xuntanza convocada pola área de Benestar Social e Igualdade para a elaboración do Plan de Acción de Servizos Sociais. Na xuntanza participaron a deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, responsábeis da área e do equipo que está a elaborar o plan, persoal técnico dos concellos de Paderne, Betanzos, Irixoa, Aranga, Coirós e Vilamaior ademais de responsábeis dos centros e entidades Pai Menni., Residencia García, Fundación Raiola e  Fogar de Menores María Inmaculada.

 

Incrementar os esforzos en materia de prevención de adiccións na mocidade foi unha das urxencias que se puxo sobre a mesa na xuntanza en que tamén se valorou a necesidade de mellorar a coordinación entre concellos e entidades Sociais. Como en case todas as xuntanzas que se celebraron até o momento, na de Paderne destacouse a necesidade de mellorar o transporte público local e comarcal como xeito de evitar as situacións de soidade e illamento.

 

De maneira especial por parte do persoal técnico municipal, destacouse a relevancia que ten o servizo de acompañamento e o Servizo de Atención no Fogar, como eixos fundamentais para atender ás persoas que máis o precisan.

 

Neste sentido, a deputada Ánxela Franco, fixo fincapé no incremento experimentado no presente ano na partida destinada ao SAF, eixo fundamental da acción dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña. "Para nós é fundamental destinar recursos á àrea de Servizos Sociais, a que está máis cercana á xent eque máis o precisa. Por iso, fronte aos recortes, nós incrementamos o orzamento destinado aos Servizos de Axuda no Fogar, un dos eixos da nosa acción nos concellos e un recurso de especial necesidade para moita xente", explicou Ánxela Franco.

 

Desta maneira, no concello de Paderne, a cantidade do SAF pasou de 39.111,54€ a 56.954 €, experimentando un aumento de 17.842,46 €. No caso de Irixoa, o orzamento pasou de 24.066,38 € a 55.163,80 €, sumando, polo tanto, unha cantidade de 31.097,42 €. No que toca ao concello de Aranga, o aumento foi de 41.188, 08 €, ao pasar de 42.128 € a 83.316,08 € mentres que no concello de Coirós, de 45.488,21 € subiu a 55.318 €, é dicir, unha diferencia en positivo de 9.829,79 €. En Vilamaior, pola súa parte de 31.572,68 € pasou a 75.832 € é dicir, máis 44.259,32 €. Finalmente, Betanzos experimentou un incremento de 31.755, 19 € ao pasar de 83.084,81 € a 114.840 €. En total, máis de 175.000 € de aumento nos concellos de Paderne, Betanzos, Irixoa, Aranga, Coirós e Vilamaior.

 

Ánxela Franco destacou tamén que as xornadas de traballo cos equipos técnicos municipais "están a ser especialmente productivas en canto estamos a ter información moi valiosa para detectar as necesidades, as fortalezas e as urxencias da área, do que quedará constancia no Plan de Acción de Servizos Sociais que será unha folla de ruta para a eficacia de futuras actuacións".

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress