Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de noviembre de 2018 | Leída 13 veces

O Concello mostrará o seu apoio aos traballadores de Alcoa no Pleno extraordinario do 9 de novembro

Cunha declaracións institucional en defensa do mantemento da actividade nas plantas da Coruña e de Avilés. Onte celebrouse a Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno. O Martes de Entroido (5 de marzo) e o venres 16 de agosto serán os festivos locais en 2019...

A Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno reuniuse onte mércores para tratar as dúas cuestións que será elevadas á sesión extraordinaria do Pleno que se celebrará o venres da próxima semana, día 9 de novembro.

 

Un dos asuntos é a declaración institucional de apoio ás demandas do Comité de Empresa de Alcoa na defensa do mantemento da actividade e dos postos de traballo das plantas da Coruña e de Avilés.

 

O texto inclúe que o Concello da Laracha se suma ao acordo unánime do Parlamento de Galicia no que se insta á compañía a retirar o expediente de extinción de emprego e tamén se apremiará ao Goberno central para simplificar o modelo enerxético, presentar un marco tarifario estable para o ano 2019 e explorar vías que faciliten os investimentos e a modernización das tecnoloxías das fábricas para facelas máis competitivas.

 

Por outra banda, tamén se tratou a proposta para fixar como festivos locais do ano 2019 o Martes de Entroido (5 de marzo) e o venres día 16 de agosto, coincidindo coas festas patronais da Laracha. O 8 de setembro, día da Romaría dos Milagres de Caión e festivo habitual no Concello da Laracha, coincidirá en domingo no próximo ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress