Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

O embaixador de Estonia en España explicará na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

A xornada versará sobre economía dixital e contará con representantes das embaixadas de Estonia e Finlandia, da AMTEGA e da Dirección Xeral de Rede de Comunicación, Contido e Tecnoloxía. A actividade enmárcase no ciclo “Europa na provincia da Coruña” e ten como obxectivo difundir entre alcaldes, técnicos e emprendedores da provincia os programas de financiamento europeo...

A Deputación da Coruña organiza o vindeiro mércores, 7 de novembro, unha xornada sobre economía dixital.

 

A actividade enmárcase no ciclo “Europa na provincia da Coruña”, organizado polo centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña Europe Direct, e ten como obxectivo difundir entre os técnicos e responsables políticos dos concellos coruñeses os programas de financiamento europeo existentes en diversas materias.

 

“Nesta cuarta edición, contaremos con expertos de primeiro nivel que  contarán as súas experiencias no desenvolvemento da economía dixital como oportunidade para o desenvolvemento socioeconómico do territorio”; segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que será o responsable de inaugurar a xornada, xunto coa directora do centro Europe Direct, Amparo Taboada.

 

As experiencias de Estonia e Finlandia, líderes europeos en dixitalización

 

O embaixador de Estonia en España, Rasmus Lumi, e a representante da embaixada finlandesa en España, Anabella Polo, explicarán a experiencia de ambos os dous países, considerados líderes europeos en procesos de dixitalización tanto na administración pública como no sector privado.

 

A xornada contará tamén coas intervencións de Xurxo Remuiñán, policy officer da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxía, que explicará as ferramentas de financiamento europeo no ámbito da economía dixital, e de Carlos Vázquez Mariño, director de Solucións Tecnolóxicas de AMTEGA, que explicará o programa Primare para o aproveitamento da tecnoloxía na transformación do sector primario en Galicia.

 

O evento rematará cunha mesa redonda sobre boas prácticas no mercado dixital que contará con representantes de empresas tecnolóxicas, turísticas e do sector primario, que compartirán as súas experiencias nestes ámbitos.

 

A xornada, de carácter gratuito, está aberta a representantes dos concellos e entidades locais, empresarios, emprendedores e asociacións da provincia da Coruña. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress