Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de noviembre de 2018 | Leída 11 veces
a Laracha

Volven os Venres Teatrais da Laracha como referencia da programación cultural municipal do outono

A canción do elefante, de Redrum Teatro, abrirá o programa o 9 de novembro. O servidor de dous amos, de Talía Teatro, o 16 de novembro. O día 23 Contraproducións porá en escea Fillos do sol, unha das mellores pezas galegas do ano. A obra do 30 de novembro, Nacidas libres, inclúese no programa do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Os espectáculos serán sempre na Casa da Cultura da Laracha e desde as 21:00 horas, con entrada gratuíta...

No mes de novembro regresa á Laracha o ciclo Venres Teatrais, toda unha referencia na programación cultural municipal do outono que se organiza co obxectivo de achegar á veciñanza espectáculos teatrais de alta calidade. O ciclo consta de catro funcións e inclúe obras de referencia no actual panorama teatral galego.

 

Neste programa haberá comedia, suspense, historia da cultura galega centrada na figura dun dos nosos escritores máis importantes e tamén espazo para a concienciación social cunha obra que se incluirá no marco do programa municipal de actividades en torno á conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebra o 25 de novembro.

 

Os Venres Teatrais abriranse o 9 de novembro con A canción do elefante, un apaixonante thriller psicolóxico inspirado na obra orixinal do canadense Nicholas Billon. Está protagonizado por Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez e promete manter ao público pegado na butaca ata o seu desenlace.

 

O 16 de novembro será a quenda para Talía Teatro, que trae á Laracha a súa última produción: O servidor de dous amos. Trátase da revisión galega do referente por excelencia da Commedia dell’Arte, o teatro popular italiano xurdido no século XVI. Cun elenco de luxo (Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo), a peza respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero tamén incorporando novas fórmulas de teatralidade.

 

A compañía Contraproducións representará o 23 de novembro unha das mellores pezas teatrais galegas de ano. Fillos do sol, escrito e dirixido por Cándido Pazó, é un espectáculo a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática centrado nos últimos anos da vida de Eduardo Pondal. Será escenificado por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez.

 

O ciclo pecharase o 30 de novembro con Nacidas Libres, tamén da compañía Contraproducións e escrita por Cándido Pazó. Neste caso catro actrices (interpretadas por Susana Dans, Rocío González, Casilda Alfaro e Mónica Camaño), fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza encomendándolle o texto a unha escritora moza que vive emigrada. Pola súa temática, a peza tamén se inclúe no programa de actividades e actos municipais en torno ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro.

 

Todos os espectáculos son recomendados para persoas maiores de trece anos de idade e poranse en escena na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas, con gratuíta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress