Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de noviembre de 2018 | Leída 11 veces

O venres abrirase a votación da consulta popular para renomear ou bautizar 36 rúas e unha praza pública

Situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. Nalgúns casos haberá dúas propostas para escoller e noutros a consulta será de aceptación ou rexeitamento do acordo unánime da Xunta de Portavoces. Poderán participar na votación ata o domingo 18 todas as persoas empadroadas no municipio e maiores de idade...

O Concello da Laracha abrirá na mañá do venres a votación da consulta popular para bautizar por primeira vez ou renomear un total de trinta e seis rúas e unha praza pública situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e de Caión.

 

Esta ampla renovación dos rueiros das tres vilas está orixinada por diversos motivos, xa que certas vías carecen de nome, outras poden levar a confusión ao coincidir co topónimo de lugares ou parroquias do termo municipal, noutras darase ás agora coñecidas como travesías a condición de rúa e nun caso o cambio faise para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

 

Poderán formar parte do cuestionario todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha e que teñen máis de dezaoito anos de idade. Terán de praza para escoller as súas opcións favoritas ata as 23:59 horas do domingo día 18, polo que a votación permenecerá aberta durante dezasete días.

 

Na web municipal serán subidos o cuestionario das votacións, un mapa para situar cada rúa e praza obxecto da consulta popular e un documento explicativo sobre as diferentes opcións propostas.

 

O cuestionario está estruturado en tres apartados. O primeiro deles inclúe doce rúas nas que se propón dúas opcións distintas para votar, que son as seguintes:

 

  • 1ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Maruja Mallo ou Rúa Fernando Álvarez de Sotomayor.
  • 2ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Clara Campoamor ou Rúa Urbano Lugrís.
  • 3ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Isabel Zendal Gómez ou Rúa Ramón Cabanillas.
  • Travesía da Avenida de Caión: Rúa Ponte da Balsa ou Rúa Rego das Bestas.
  • 1ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa Carlos Casares ou Rúa da Braña.
  • 1ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa Xosé Neira Vilas ou Rúa Manuel María.
  • Rúa Carrero Blanco (Caión): Rúa do Pósito ou Rúa da Torre.
  • 2ª Travesía Carrero Blanco (Caión): Rúa dos Percebeiros ou Rúa Laxe da Onda.
  • 2ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano (Caión): Rúa das Baleas ou Rúa dos Arpoadores.
  • Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa das Pías: Rúa Costa do Cuartel ou Rúa Costa do Pichón.
  • Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa Luis Varela Curbera: Rúa do Lavadoiro ou Rúa do Río.
  • Rúa de nova creación que se abrirá no Campo da Insua: Rúa Muíño do Vento ou Rúa dos Salgados.

 

O segundo apartado será para votar tipo referéndum (Si ou Non) a aceptación ou rexeitamento dos nomes propostos para as seguintes vinte e tres rúas e unha praza:

 

A Laracha

  • 1ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa María Mariño.
  • 2ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Valle-Inclán.
  • 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Emilia Pardo Bazán.
  • 1ª Travesía Santa Lucía: Rúa Ourense.
  • 1ª Travesía Médico David Mallo Gómez: Rúa Enrique Muiño.
  • Rúa Montemaior: Rúa Río Bradoso.
  • Rúa Paiosaco: Rúa Río Acheiro.
  • Bautizar a rúa entre a Avenida Fisterra e A Gándara como: Rúa Canta La Rana.

 

Paiosaco

  • 2ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Cabana de Bergantiños.
  • 3ª Travesía Avenida Bergantiños: Ponteceso.
  • Bautizar a rúa traseira entre a 2ª e 3ª Travesías Avenida Bergantiños: Rúa Laxe.
  • 4ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Malpica de Bergantiños.
  • 5ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Coristanco.

 

Caión

  • Bautizar a praza situada no final da Rúa do Carme, detrás da cetárea, como: Praza Punta das Ondas.
  • 1ª Travesía Carrero Blanco: Rúa Argazo.
  • 1ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Redeiras.
  • 2ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Atadoras.
  • 1ª Travesía Rueiro das Figueiras: Rúa das Traíñas.
  • Bautizar a vía aberta na Avenida Méndez Núñez que coincide co final do Rueiro das Figueiras como: Rúa Hortas do Concheiro.
  • 1ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano: Rúa dos Mariñeiros.
  • 1ª Travesía San Roque: Rueiro de Leis.
  • 2ª Travesía San Roque: Rueiro da Fonte.
  • 3ª Travesía San Roque: Rueiro da Igrexa.
  • Estrada As Salgueiras: Rúa da Praia.

 

Por último, na terceira sección poderase votar por o cambio ou mantemento do nome da rúa San Martiño de Paiosaco, que podería levar a confusión ao coincidir co topónimo dun lugar da parroquia de Lestón.

 

A previsión é elevar ao Pleno ordinario do mes de novembro (que se celebrará o xoves día 29) os cambios nos rueiros en base aos resultados desta consulta popular. Farase xunto a outros seis nomes que se incorporan ao rueiro sen ser obxecto de votación, como paseo marítimo de Caión e a praza da Ribeira de Caión e, na Laracha, das prazas do Concello, O Recreo, Praza da Cultura (xunto á Casa da Cultura) e Praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress