O BNG de Arteixo considera necesario previr conductas de acoso no traballo, imposibilitando a súa aparición e erradicando todo comportamento que poida considerarse constitutivo do mesmo no ámbito laboral...
O BNG solicitará na vindeira sesión plenaria que se activen os procedementos que marca a lexislación vixente para aprobar canto antes un protocolo en que o obxectivo xeral sexa definir o marco de actuación en relación cos casos de acoso psicolóxico ou moral no traballo, discriminatorio, sexual e por razón de sexo, coa finalidade explícita de erradicar este tipo de condutas no Concello de Arteixo.
O protocolo que se aprobe será de aplicación a todas as persoas empregadas públicas do Concello de Arteixo, en todos os niveis da súa organización e calquera que sexa a súa denominación (áreas, servizos, centros) e para todos os seus colectivos e niveis xerárquicos. Do mesmo xeito habería tamén que contemplar a posibilidade de situacións de acoso entre persoal municipal e o persoal de empresas externas que traballen para a administración.
O BNG considera urxente que se aprobe canto antes no Concello de Arteixo e que se contemplen todos os casos que marca a lei para dotar de seguridade a traballadoras e traballadores e que teñan claro como proceder diante dos diferentes casos de acoso: acoso psicolóxico ou moral no traballo (mobbing); Acoso discriminatorio; Acoso sexual e acoso por razón de sexo etc.
“Consideramos importantísimo que se faga dun xeito inmediato coa participación de todos e todas e que se aplique de xeito inmediato e coas máximas garantías” indicou Silvia Seixas “Temos coñecemento de un descontento importante entre o persoal por presións, cambios sen ton nen son, modificacións de funcións etc e nalgún caso con denunicias e iso non pode permitirse en ningunha circunstancia” sinalan desde o BNG.
Lexislación