Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 31 de octubre de 2018 | Leída 6 veces

O Concello conclúe a compra dos terreos afectados polo Plan Especial de equipamentos educativos do instituto

A Xunta de Goberno Local fixou o 20 de novembro como a data na que se procederá ao pagamento e levantamento das actas de ocupación. Investiranse máis de 57.500 euros na compra de nove parcelas que suman unha superficie de 9.500 metros cadrados. Posibilitará crear unha pista multideportiva, abrir unha nova estrada e aumentar os espazos vinculados ao centro de ensino...

A Xunta de Goberno Local, na reunión celebrada onte, fixou o martes día 20 de novembro como a data na que se procederá a realizar o levantamento das actas de ocupación e o pagamento aos seus actuais propietarios dos terreos afectados polo Plan Especial de Equipamentos Educativos no seu apartado referido ao IES Agra de Leborís. Ese será o trámite co que concluirá o procedemento expropiatorio.

 

Deste xeito pasarán a ser de titularidade pública nove parcelas que suman unha superficie total de 9.500 metros cadrados. O Concello da Laracha inviste 57.539,57 euros –procedentes integramente de fondos municipais- para dispoñer destes terreos, sobre os que están proxectadas actuacións dirixidas a aumentar a superficie de solo público vinculada ao IES Agra de Leborís, mellorar as comunicacións en todo o seu entorno e crear novos equipamentos dotacionais no lugar.

 

En concreto, realizarase a apertura dunha nova vía que discorrerá pola parte posterior do instituto e que comunicaría directamente a avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª travesía Doutor López Astray, creándose unha circunvalación para facilitar os accesos entre a zona de Santa Lucía (inicio da estrada A Laracha-A Silva) e a vía A Laracha-Soandres (Avenida Doutor López Astray).

 

Por outra banda, nos terreos situados na marxe esquerda desta nova estrada construirase unha pista multideportiva descuberta de uso libre, aumentándose os espazos deportivos dispoñibles para a veciñanza na capital municipal, onde xa existe un equipamento de similares características na Praza Maximino Canedo, tamén construído recentemente.

 

Ademais, na Xunta de Goberno Local tamén foron concedidas dúas licencias de obra promovidas por particulares, sendo unha delas para a construción dunha vivenda unifamiliar e a outra, para a rehabilitación dun hórreo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress