Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 31 de octubre de 2018 | Leída 13 veces

Formalizado o contrato do servizo de mantemento das zonas verdes municipais

Foi rubricado polo alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa coruñesa Jardinería Arce. Inclúese 48 ámbitos de actuación que conxuntamente superan os 90.000 metros cadrados de superficie. O duración do contrato é dun ano prorrogable ata un máximo de tres, con un custe anual de 89.000 euros...

[Img #47041]

 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e o representante da empresa coruñesa Jardinería Arce S.L. rubricaron o novo contrato do servizo de mantemento das zonas verdes de titularidade municipal. No acto tamén participaron o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a secretaria municipal.

 

Unha vez realizado este trámite administrativo, nos próximos días a empresa comezará a desenvolver o seu labor de mantemento en perfecto estado botánico e ornamental de corenta e oito ámbitos que suman unha superficie total duns noventa mil metros cadrados. Trátase, esencialmente, das principais áreas recreativas e de descanso das parroquias, así como das prazas e parques públicos dos núcleos urbanos, os paseos fluviais e o marítimo de Caión e as contornas dos edificios e instalacións municipais. O ámbito de actuación deste novo contrato é  maior que nos anteriores debido á creación de novas áreas verdes públicas por parte do Concello da Laracha durante os últimos anos.

 

Serán funcións a acometer por parte da empresa a conservación do trazado das áreas de actuación, perfilado do céspede, mantemento de setos, xardineiras, e instalacións de rego, a sega, resembrado, escarificado, podas das árbores e arbustos, abonado, entrecavado, tratamentos fitosanitarios e aplicación de herbicidas.

 

A duración deste contra é de un ano con posibilidade de prórroga ata un máximo de tres anos. Suporá un gasto anual superior aos 89.000 euros para as arcas municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress