Os meses de outono non será sinónimo de tranquilidade, rutina e veladas na casa no Concello de Arteixo...
A Concellería de Xuventude será a encargada de rachar con estes tópicos e transformar estes meses nun auténtico derroche de posibilidades de ocio e lecer gracias o seu programa de Circuitos Culturais Xuvenís, unha iniciativa que a Alcaldesa, Dna. Pilar Souto, presentaba esta mesma mañá no Departamento de Xuventude.
Segundo a propia rexedora local explicaban a rolda de prensa, “estes circuítos caracterízanse por ser actuacións pensadas para todos os públicos, destinadas a encher de posibilidades as tardes e noites de todos os arteixáns”. As actuacións, que comezarán este mesmo mes de setembro e prolongaranse até decembro, terán lugar, na maioría dos casos, en locais pechados (utilizando preferentemente os centros sociais municipais), e serán en formato acústico (non amplificado) “para evitar o volume excesivo, de xeito que non se moleste aos veciños”.
O Departamento de Xuventude organizará estas actuacións cos recursos materiais dos que xa dispón, polo que os custes a asumir polo Concello centraríanse na contratación de ampliacións puntuais do equipo de son e dun técnico de xeito puntual para xestionar os concertos máis complexos, a contratación dos dereitos de autor e os cachés dos artistas.
Tal e como afirmaba Ramón Castro, Técnico de Xuventude do Concello de Arteixo, “o Departamento de Xuventude plantexa os circuítos culturais atendendo a 2 obxectivos moi concretos: Ofertar de xeito continuado actuacións de pequeno formato relacionadas coas artes musicais ou escénicas en espazos públicos e privados de xeito continuado de setembro a decembro; e acoller á artistas e grupos arteixáns, principalmente mozos, como protagonistas principais das actuacións para promocionalos e ofrecerlles espazos de actuación, acompañándoos puntualmente con artistas profesionais de nivel nacional.”
E precisamente esta idea de promoción e escaparate dos grupos locais levaba o pasado mes de xullo á Concellería de Xuventude a abrir o prazo de inscrición neste circuítos para os artistas que o desexasen. “Todos eles cobrarán un caché, porque o seu traballo debe valorarse”, apuntaba a Alcaldesa.
Eses cachés varían, dende os 100€ por actuación para os artistas en solitarios, até os 300€ que cobrarán aqueles colectivos de máis de 2 membros que aporten material especial (magos, proxeccións, títeres...)
Variedade de estilos e públicos
“A variedade de actuacións e estilos é unha das premisas que tivemos en conta dende o primeiro momento”, apuntaba a Alcaldesa, “buscando ofertar actuacións para todos os gustos e públicos, dende os sons máis clásicos até o teatro con títeres, pasando pola maxia”.
E precisamente mantendo esa liña, distribuíronse diferentes estilos de actuación:
POP-AUTOR: recolle estilos musicais coma o pop, canción de autor, ritmos latinos, soul, jazz…. e calquera espectáculo de teatro, humor ou danza dirixido a un público adulto
FAMILIA: recolle actuacións específicamente dirixidas á infancia en calquera estilo musical, así como cine, títeres, maxia, teatro infantil, contacontos,…
CLÁSICA: recolle tanto a música culta (en calquera estilo), como á música popular con instrumentos non eléctricos (música de banda, bandas sonoras,…)
ROCK: recolle estilos de música coma o rock, indie, punk,…
HIPHOP: recolle estilos relacionados coa música hiphop e rap, breakdance, videocreacións,
TABERNA: recolle actuacións relacionadas coa música folk tradicional ou non tradicional, e calqueraoutra expresión musical ou de escea que requira unha alta implicación e participación do público.
A duración das actuacións en calquera das modalidades deberá ser superior aos 30 minutos, e inferior aos 60 minutos.
Até o dea gora son xa 15 artistas os formacións diferentes os que se inscribiron nesta iniciativa:
Melandrainas – Familia (Teatro)
Serrucho - PopAutor
Tarabela - Taberna
Calúa - Taberna
Rumor - Rock
License to play - Rock
ES3HA2 – Familia (Teatro)
Bordigoni - PopAutor
Antonio Agra – PopAutor
LA142 - HipHop
Kenonpare – HipHop
Overgrounz - HipHop
Frances Lerouge - HipHop
Cristel - Clásica
C&C – Pop Autor
En total, 22 actuacións subirán ás taboas dos centros cívicos municipais durante estes próximos meses.
Arte&Show, o acto estrela dos Circuitos Culturais Xuvenís
Os Circuitos Culturais Xuvenís do Concello de Arteixo non só darán cabida aos grupos locais, senón que buscarán tamén a súa promoción a través da coincidencia con formacións consolidadas, que poidan facer ás veces de cabezas de cartel.
E como actuación estrela destes circuítos, o Arte&Show, o primeiro dos eventos dos Circuítos Culturais que contará con convidados de repercusión nacional. Celebrarase os días 17 e 18 de setembro, e aproveitase para recoller dentro dos Circuítos un Festival promovido dende o seu comezo pola mocidade, e na que a xuventude debe ser protagonista.
O Arte&Show manterá o seu espírito inicial, adicando o primeiro día á música hiphop, cos grupos locais Kenonpare, LA142 e Overgrounz, acompañando ao artista zaragozano Sharif, que despois de proxectos cheos de éxito na escena underground do hiphop como Fuck Tha Posse ou Tr3sMonos, iniciou unha carreira en solitario,co seu disco “A ras de suelo” con Muffin Records.
O segundo día do Arte&Show, o sábado 18, adicarase á música poprock, e para iso, actuarán os grupos locais 7Puertas y TheSoulTrackBand, como paso previo á actuación de Shuarma, creador, compositor e voz do grupo Elefantes (1996-2006). Dende que comezou a súa carreira en solitario o recoñecemento pola súa calidade foi en aumento; o disco Universo recolle o seu interese pola fusión de múltiples estilos, pero é en El poder de lo frágil, o seu último traballo, onde podemos recoñecer facilmente á voz e o estilo de Elefantes.