A titular do departamento autonómico mantivo un encontro co alcalde da localidade, Juan Maceiras, con quen se comprometeu a dar os pasos precisos para incluír a escola infantil municipal na rede pública autonómica...
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou onte o obradoiro de emprego da localidade coruñesa de Miño, un programa bautizado como “O parque das idades” e no que se están a formar un total de 25 persoas.
A conselleira, achegouse ao emprazamento no que ten lugar esta iniciativa, onde destacou a relevancia deste tipo de actuacións á hora de formar aos seus participantes e de abrirlles oportunidades de cara a súa inserción no mercado laboral. Ademais, lembrou que para o desenvolvemento deste obradoiro de emprego a Xunta investiu preto de 530.000 euros.
Os alumnos deste programa están traballando na construción dun parque público con funcións didácticas e educativas medio ambientais.
Durante a súa visita a este concello coruñés, Mato mantivo un encontro co alcalde, Juan Maceiras, e cos representantes municipais para abordar outros temas de interese para a localidade e co fin de escoitar as súas demandas. Nesta xuntanza, a conselleira comprometeuse a dar os pasos necesarios para incorporar o próximo ano a escola infantil de Miño na rede “Galiña azul” da Xunta de Galicia.