Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 28 de octubre de 2018 | Leída 17 veces

O Concello renova o parque infantil do Campo da Feira de Paiosaco

A actuación é cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. O proxecto está valorado en 44.000 euros. É o cuarto parque infantil no que se actúa no marco do Plan municipal de mellora desta tipo de infraestruturas...

[Img #47024]O Concello da Laracha ten en fase de execución a obra de renovación do parque infantil situado no campo da feira de Paiosaco. Parte dos xogos xa foron instalados, como puideron comprobar o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Jesús Souto, nunha visita ao lugar no que se están a desenvolver as actuacións, onde estiveron acompañados polo director da obra.

 

O proxecto está valorado en 44.000 euros, dos cales o Concello da Laracha asume con fondos propios municipais o corenta por cento. A parte restante será achegada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

 

O ámbito no que se sitúa esta zona de xogos será dotado cun novo pavimento de lousas de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto das posibles caídas dos usuarios. Os novos xogos infantís do parque son cooperativos, de maior capacidade que os dispoñibles anteriormente, e posibilitarán o seu uso simultáneo por 25 nenos. En concreto, as estruturas coas que contará o recinto son tobogáns, rede tridimensional, columpios e balancíns. Tamén serán instaladas papeleiras, bancos de madeira e paneis informativos.

 

Esta actuación forma parte do Plan de mellora dos parques infantís que está a desenvolver o Concello da Laracha e que comezara a executarse coa renovación dos existentes no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, o CEIP Otero Pedrayo da Laracha e o da praza O Recreo, emprazada en pleno centro da capital municipal. Entre esas tres actuacións foran investidos 75.000 euros, procedentes integramente de fondos municipais.

 

O Concello da Laracha tamén creou neste ano dous parques biosaudables na zona da Ínsua de Caión e na praza Maximino Canedo da Laracha, infraestruturas nas que foron investidos outros 25.000 euros.

 

Coa obra que se está a executar no campo da feira de Paiosaco farase máis atraínte e cómodo para os usuarios o recinto no que se sitúa o parque infantil, ademais de mellorarse e modernizarse o aspecto do campo da feira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress