Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 28 de octubre de 2018 | Leída 13 veces

O Concelo realizará unha consulta popular para renomear ou bautizar por primeira 34 rúas e unha praza pública

Situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. Nalgúns casos haberá dúas propostas para escoller e noutros a consulta será de aceptación ou rexeitamento do acordo unánime da Xunta de Portavoces. Poderán participar na votación todas as persoas empadroadas no municipio e maiores de 18 anos de idade...

O Concello da Laracha renomeará ou bautizará por primeira vez un total de corenta e dúas rúas, travesías e prazas públicas dos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. Esta ampla renovación dos rueiros das tres vilas está orixinada por diversos motivos, xa que certas vías carecen de nome, outras poden levar a confusión ao coincidir co topónimo de lugares ou parroquias do termo municipal, noutras darase ás agora coñecidas como travesías a condicion de rúa e nun caso o cambio faise para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

 

O executivo local da Laracha propuxo á Corporación municipal a realización dunha consulta popular para que a veciñanza do Concello fose partícipe na toma de decisións nesta cuestión xa que, polas súas características, afectará tanto á imaxe exterior das nosas rúas como, tamén, aos enderezos das vivendas, edificios, baixos, establecementos comerciais e calquera inmoble que se atope nalgunha das vías afectadas.

 

Por ese motivo nas últimas semanas celebráronse reunións da Xunta de Portavoces ás que foron citados representantes dos catro grupos políticos con representación no Pleno. Neses encontros quedou definido tanto o tipo do consulta popular que se levará a cabo como as rúas e prazas afectadas e as diferentes opcións para que a poboación poida votar. As propostas de nomes fixéronse libremente por parte de todos os grupos atendendo a criterios como denominacións tradicionais de lugares –especialmente na vila de Caión-, homenaxear a destacadas figuras da cultura, artes escénicas e da política e tamén empregar topónimos doutros municipios da comarca de Bergantiños.

 

Tal e como foi acordado pola Xunta de Portavoces, haberá tres seccións na consulta popular. A primeira delas incluirá doce rúas nas que hai dous nomes propostos para cada unha e na que os veciños poderán escoller o seu favorito.

 

Na segunda sección haberá vinte e dúas rúas e unha praza cun único nome proposto e a consulta será de aceptación (Si) ou rexeitamento (Non) do mesmo. Ademais, na terceira sección ofrecerase a posibilidade de votar o cambio de nome ou non (mantelo como está) da rúa San Martiño de Paiosaco.

 

Os portavoces tamén acordaron por unanimidade que outros seis nomes que se incorporan ao rueiro non serán obxecto da consulta popular pola súa ubicación e especiais características. É o caso do paseo marítimo de Caión e a praza da Ribeira de Caión e, na Laracha, das prazas do Concello, O Recreo, Praza da Cultura (xunto á Casa da Cultura) e Praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís).

 

Nos próximos días o cuestionario coa consulta popular será publicado na páxina web e nas redes sociais oficiais do Concello da Laracha. O prazo de votación será en torno aos quince días e convidarase a participar a todos os veciños que sexan maiores de dezaoito anos de idade. A previsión é elevar ao Pleno ordinario do mes de novembro (que se celebrará o xoves día 29) os cambios nos rueiros en base aos resultados desta consulta popular.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress