Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de octubre de 2018 | Leída 18 veces

UNICEF premia ao programa harmoniza da Laracha no 9º certame de boas prácticas en dereitos da infantil e política municipal

Pola actividade desenvolvida na aula lúdica municipal. A Laracha é un dos dous municipios galegos galardoados nesta categoría. A cerimonia de entrega dos recoñecementos será o 27 de novembro en Oviedo...

O Comité Español de UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia) vén de emitir o seu fallo do IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos da Infancia e Política Municipal, convocados co obxectivo de valorar os proxectos e accións que se levan a cabo centradas na Convención dos Dereitos dos Nenos, dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia e co obxeto de servir de modelo par que outros municipios poidan coñecelos e adaptalos a súa propia realidade.

 

Dos vinte e cinco proxecto recoñecidos en todo o ámbito nacional, soamente dous son galegos e un deles é o presentado polo Concello da Laracha. Trátase do Programa Harmoniza a través do que se prestan os servizos municipais da aula lúdica (desde o ano 2006) e de madrugadores (desde o ano pasado).

 

O Concello da Laracha presentou a candidatura dentro da categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia” dado que o Programa Harmoniza:

 

  • Ten un impacto demostrable e tanxible na mellora das condicións de vida da infancia.
  • É un programa replicable noutros municipios.
  • Ten en conta a participación infantil ao promover un espazo con mecanismos que garanten a participacion de nenos e nenas.

 

O Concello da Laracha ten en funcionamento a aula lúdica municipal cos obxectivos fundamentais de facilitar a conciliación e fomentar e promover o ocio e o tempo libre dos nenos fóra do horario escolar e nos períodos vacacionais en igualdade de oportunidades. Faise por medio dun servizo atendido por persoal especializado que favorece a participación dos rapaces en actividades comunitarias de carácter socio-educativo a través da súa implicación no desenvolvemento e valoración de actividades encamiñadas a ese fin. Todas as actividades que se desenvolven están consensuadas e coordinadas dende a Concelleria de Servicios sociales, Sanidad, Mujer y Empleo Laracha, o que permite tratar cuestións como a sensibilización sobre igualdade de xénero e corresponsabilidade, a diversidade e a non discriminación.

 

A cerimonia de entrega destes recoñecementos de UNICEF terá lugar o 27 de novembro en Oviedo. Desde o Concello da Laracha unha vez máis mostramos o noso orgulloso porque una entidade como UNICEF mostre deste xeito o seu respaldo e impulso aos proxectos municipais que estamos a desenvolver no apoio á conciliación das familias e na cooperación na educación dos nenos en corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e rexeitamento de calquera tipo de violencia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress