Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de octubre de 2018 | Leída 16 veces
BNG

O BNG de Arteixo solicitará que o goberno local dea explicacións no pleno da situación do proxecto das Eiras en Meicende

O goberno mantivo negociacións á marxe do acordo plenario sen dar conta a este organismo. No pleno tamén pediremos que se nos indique que actuacións paralelas se están a a facer para impedir os puntos de venda de droga que quedan e que non están incluídos neste proxecto…

O BNG solicitará nunha iniciativa no pleno que o alcalde de Arteixo explique cal é a situación do proxecto das Eiras en Meicende “ten que explicar que negociacións se estiveron facendo sen dar conta ao pleno que foi o órgano que aprobou todo o proxecto e polo tanto non pode estar a marxe nin se pode chegar a acordos a marxe deste órgano” indicaron desde o grupo municipal do BNG.

 

O goberno local ten que dar conta ao pleno de cal é a situación actual “estamos xa moi fartas e fartos do contínuo cruce de acusacións e ameazas de denuncias, acordos extraplenarios etc…sen que en ningún organismo se dea conta de nada” sinalan desde o grupo nacionalista.

 

O BNG informa que tamén vai solicitar se a persoa que se nega a abandonar a súa casa presentou algún tipo de recurso no concello de Arteixo ou se o goberno local ten constancia dalgún tipo de denunica xudicial “non é lóxico que só haxa diálogos públicos e non se trate nada a nivel formal. A día de hoxe nin un só comentario en comisións, plenos ou xuntans de portavoces”. A día de hoxe as obras están paradas e polo tanto é de imposíbel cumprimento o contracto coa empresa encargada das obras “alguén terá que aclarar se hai xa feita prórroga e cal é a xustificación da mesma”.

 

Por outro lado o BNG tamén quere solicita copia da documentación que se quere envair ao xulgado e saber se xa se iniciaron os trámites e do mesmo xeito exiximos que se nos diga que acordos extra plenarios se fixeron e que ofreceu ou se ía ofrecer nas presuntas negociacións con algúns dos propietarios “non é normal que haxa comentarios que din que con algúns propietarios se estivo negociando que digan se é certo que houbo outros  acordos á marxe do pleno”.

 

A día de hoxe desde o BNG descoñecemos se se solicitou por parte do concello xudicialmente o desaloxo ou se houbo algún tipo de negociación co persoa afectada, cal foi a proposta do concello e en que organismo se decidiu.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress