Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de octubre de 2018 | Leída 19 veces

O concello de Arteixo participou nun encontro cos concellos de Famalicao e Liverpool para favorecer o intercambio de innovación empresarial

O alcalde de Arteixo participou onte nun acto que se celebrou na cámara municipal do municipio luso de cara a poñer en marcha proxectos de colaboración entre os tres concellos para proxectos de intercambio de coñecementos en diversas actividades empresariais…

[Img #47014]

 

A cámara municipal de de Vilanova de Famaliçao acolleu onte unha xornada na que participaron representantes do concello de Arteixo, e os municipios de Vila Nova de Famalicao e Liverpool. Así, Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, Paulo Cunha, presidente da cámara municipal de Famalicao e Gary Millar, vice mayor da cidade de Liverpool acordaron poñer en marcha proxectos de colaboración entre os tres concellos para iniciar diversos programas de colaboración, como pode ser o intercambio de programas de innovación entre diferentes sectores empresarias.

 

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, sinalou a importancia de poñer en marcha mesas de traballo que potenciarán aspectos como a posta en marcha de novos programas que fomentasen o contacto empresarial.

 

Calvelo explicou ademais que este proxecto de colaboración nace dunha visión común para deseñar estratexias de desenvolvemento cara a unha optimización dos recursos humanos, económicos, naturais e culturais de diversos concellos situados en diferentes países e, fundamentalmente, para o aproveitamento conxunto das súas potencialidades no eido industrial. “Vila Nova de Famalicão e Arteixo, como en xeral toda a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, veñen traballando en conectar empresas de sectores similares”, sinalou Calvelo.

 

Neste sentido, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ten, entre as súas liñas de traballo, a de potenciar o achegamento e a integración entre as institucións da Eurorrexión. Dentro desta liña, puxo en marcha un programa de irmandamentos entre os concellos da Eurorrexión, pero dun xeito alonxado dos antigos irmandamentos, xa que neste caso buscouse sempre a existencia dun nexo común entre os concellos que se quixeran irmandar.

 

Así, propiciáronse achegamentos en base a unha proximidade xeográfica e unha ponte (Tui-Valença ou Salvaterra-Monção), a súa relación como vilas termais (Caldas de Reis e Vizela), a gastronomía ao redor do carneiro (Moraña e Baião) ou, como neste caso, a súa importancia no sector do  textil Arteixo e Famalicão).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress