Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de octubre de 2018 | Leída 44 veces

Martín Seco candidato à alcaldía polo PSdeG-PSOE

Martín Seco: “Baixo a responsabilidade de ofrecer un proxecto de futuro para Arteixo, preséntome ás primarias para ser candidato à alcaldía polo PSdeG-PSOE, a única opción política que pode liderar unha alternativa ao fracasado goberno actual do PP”...

[Img #47011]Despois de meses de reflexión, recollendo a enerxía e a ilusión transmitida por moitos/as veciños/as que desexan un novo goberno en Arteixo que xestione pensando nos intereses comúns e que están fartos de quen utiliza a confianza do pobo no beneficio duns poucos, tomei a decision de presentarme como candidato ás primarias do PSdeG-PSOE para a Alcaldía de Arteixo, a única opción politica que pode ser alternativa ao fracasado goberno do Partido Popular.

 

Este é o momento de utilizala experiencia acumulada nos derradeiros anos para facer un proxecto que ilusione á maioría de arteixáns e non só aos que representan as nosas siglas. Nese afán comprométome a elaborar un proxecto e unha candidatura que integre a esa maioría de veciños/as que pensan que as cousas deben mudar, xestionando as multiples posibilidades deste pobo na búsqueda dunha maior calidade de vida para a nosa cidadanía. Por iso fago un chamamento á cidadanía de Arteixo que desexa ese troco de goberno, para que se integren nun proxecto común onde todos e todas temos un espazo.

 

Un Arteixo transparente, que teña unha planificación urbanística de futuro, que cuide o noso medioambiente e o noso territorio, que teña capacidade de interlocución con outras administracións, que proporcione formacion e emprego para os seus habitantes, que sexa referencia nos servizos que ofrece ás familias, que non deixe sen cobertura á quen máis o necesita, que fomente á participacion, que respalde ás nosas asociacions e poña en valor á nosa cultura. Se ese é o Arteixo que buscas e non atopas no actual goberno da dereita, podemos construilo xuntos, as portas estan abertas.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress