Miércoles, 8 septiembre 2010

Proxecto de restauración da igrexa de Caión

Enviar por email

A Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, presentou no Concello da Laracha o proxecto de restauración da igrexa parroquial da Nosa Señora do Socorro de Caión...


LARACHA. Na próxima Xunta de Goberno Local que se celebre na Laracha está previsto que se conceda a licenza de obra para acometer esta actuación.

O templo, debido á súa situación tan próxima ao mar, presenta unha serie de problemas relacionadas coa humidade e o salitre tanto no exterior como no interior. As rehabilitacións realizadas en anos anteriores e o tratamento co que se dotou ao templo non deron os resultados inicialmente previstos. O morteiro da fachada exterior e das paredes interiores estase descompoñendo e agora estúdaronse outras opcións para actuar e devolver á igrexa parroquial de Caión o seu nobre aspecto e beleza característicos deste templo relixioso.

Así, a Dirección Xeral de Patrimonio anunciou que antes de final de ano executará a primeira fase deste proxecto, actuación que consistirá na realización dun ensaio para a aplicación dos morteiros ventilados nos muros interiores e exteriores da igrexa.

Consideran os técnicos que elaboraron o proxecto que antes de acometer unha actuación completa é preciso realizar unha proba destas características, que consistirá concretamente na substitución dos morteiros existentes por outros de cal aérea non ignífuga sobre os que se aplicará unha pintura de silicato transparente.

Unha vez se coñezan os resultados sobre esta actuación e sexa recabada a información necesaria, estudarase o xeito máis óptimo para acometer, nunha segunda fase do proxecto, a restauración integral do templo.

A presentación deste proxecto é unha das consecuencias das xestións mantidas polo goberno local da Laracha cos responsables técnicos e políticos da propia Dirección Xeral de Patrimonio Cultural durante os últimos meses. Cabe lembrar que o propio Director Xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, e tamén o xefe territorial de Cultura, Manuel Varela Rey, visitaron recentemente o Concello da Laracha para coñecer persoalmente varias propostas de actuacións do goberno local, entre as que se atopaba a rehabilitación da igrexa parroquial de Caión.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS