Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de octubre de 2018 | Leída 18 veces

O Concello convoca a cobertura de catro prazas de Policía Local en comisión de servizos

As bases foron publicadas onte no BOP. Poden formar parte do procedemento funcionarios de carreira pertencentes a algún dos corpos de Policía Local de Galicia. A duración máxima é ata a cobertura das prazas ou, en todo caso, por un ano con posibilidade de prórroga por outro máis...

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte o anuncio do Concello da Laracha coas bases da convocatoria para a provisión temporal, en comisión de servizos, de catro prazas de Policía Local que están actualmente vacantes.

 

Dita convocatoria vai dirixida exclusivamente a funcionarios de carreira pertencentes a algún dos corpos de Policía Local de Galicia coa praza de Policía Local.

 

As persoas que desexen formar parte deste proceso selectivo teñen un prazo de quince días hábiles a contar a partir de mañá para presentar a súa solicitude. A documentación a achegar pode consultarse no BOP.

 

A duración máxima será ata a cobertura destas prazas e, en todo caso, por un período máximo de un ano con posibilidade de prórroga por outro ano máis.

 

Cabe lembrar que o Concello da Laracha ten delegada na Axencia Galega de Seguridade a convocatoria de dúas prazas de Policía Local como funcionarios e a previsión é que a incorporación dos mesmos, unha vez completo o procedemento selectivo e os preceptivos cursos formativos, sexa efectiva no segundo semestre do próximo ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress