Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de octubre de 2018 | Leída 61 veces

74 Alumnos de segundo de primaria do CEIP Otero Pedrayo visitaron o concello

Nunha actividade dirixida a coñecer como é o labor diario dos diferentes profesionais. Ademais do encontro cos membros do goberno local, tamén foron recibidos por empregados municipais, Policía Local e membros de Protección Civil. A xornada foi organizada polo persoal docente do colexio e a concellería de Educación...

[Img #46995]Setenta e catro alumnos que cursan os seus estudos de segundo de primaria no CEIP Otero Pedrayo da Laracha visitaron onte pola mañá a Casa do Concello nunha actividade educativa complementaria organizada pola concellería de Educación e o persoal docente do colexio.

 

Os nenos, acompañados polos seus mestres, coñeceron as diferentes dependencias municipais. O alcalde, José Manuel López Varela, fixo de guía deste percorrido que levou aos rapaces, entre outros lugares, polo despacho da Alcaldía, o balcón da Casa do Concello, as oficinas xerais e tamén o salón de plenos, onde os rapaces formularon varias preguntas ao rexedor municipal relacionadas co seu labor diario no Concello.

 

As inquedanzas dos nenos centráronse, principalmente, no significado dos símbolos municipais. López Varela explicoulles que no escudo do Concello da Laracha a torre fai referencia tanto ás Torres de Cillobre como ás Torres do Viso de Montemaior, que aparece o mar e unha balea porque antigamente Caión foi un porto baleeiro e que as espigas de trigo dos laterais están motivadas pola fertilidade das terras larachesas. O rexedor municipal tamén lles mostrou a bandeira do Concello, formado por un cruceiro dourado sobre un fondo celeste, o outro símbolo oficial que a maioría dos nenos descoñecían.

 

Ademais do encontro cos representantes do goberno local, axentes da Policía Local e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil permitiron aos rapaces coñecer parte do seu parque móbil –que foi desprazado ata a praza do Concello-, equipamento de emerxencias e material.

 

 A actividade que se realizou onte tivo por finalidade que os alumnos puidesen coñecer como é o traballo dos profesionais que desempeñan o seu labor diario no Concello da Laracha e que coñecesen a Casa Consitorial, á que o alcalde lles convidou “a volver cando queirades porque esta é a casa de todos”.

 

Durante toda a visita os representantes políticos, traballadores do Concello e voluntarios de Protección Civil mostráronse moi próximos aos rapaces, que disfrutaron dunha xornada lectiva diferente, entretida e, sobre todo, educativa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress