Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 24 de octubre de 2018 | Leída 36 veces

A obra de renovación dos pasos de peóns das Avenidas Fisterra e Bergantiños entra na súa fase final

Estase a actuar nos doce existentes na AC-552 ao seu paso por A Laracha e Paiosaco. Contémplanse a adaptación dos bordillos, o reforzo lumínico e a mellora da sinalización. O proxecto é cofinanciado entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha...

[Img #46986]Avanzan a bo ritmo de execución as obras do proxecto de renovación e mellora da seguridade viaria nos doce pasos de peóns existentes nas Avenidas Fisterra (A Laracha) e Bergantiños (Paiosaco).

 

Tres son as áreas de actuación das que consta esta obra que afecta aos tramos da estrada AC-552 ao seu paso polos núcleos urbanos da Laracha e de Paiosaco. Por unha parte,xa foron adaptados os vaos dos pasos para peóns rebaixando os bordillos e colocando un pavimento indicador direccional.

 

A fase actual céntrase na instalación dos novos sistemas de reforzamento lumínico cun alumeado público adicional e específico para cada paso de cebra, aumentando deste xeito a visibilidade nas zonas nas que as persoas teñen prioridade de cruce sobre os vehículos. Precisamente hoxe os operarios están a rematar a instalación dos vinte e catro postes (dous en cada punto de actuación) sobre os que se colocarán as luminarias. Ao mesmo tempo estanse a repintar todos os pasos de peóns para facelos máis visibles.

 

A fase final das obras consistirá na mellora da sinalización vertical coa colocación de sinais de pasos de peóns con luces intermitentes para unha maior seguridade viaria. Se as condicións climatolóxicas así o permiten, a execución do proxecto rematará a principios do mes de novembro.

 

O obxectivo deste proxecto é xerar nesta estrada, vertebradora das comunicacións en ambas vilas, itinerarios peonís máis seguros para todos os viandantes -en especial para as persoas con diversidade funcional e as que requiren necesidades especiais- debido á supresión de barreiras arquitectónicas, polo que o proxecto tamén presenta un carácter social.

 

Esta actuación está valorada en preto de 85.000 euros, dos cales o setenta por cento (en torno a 59.000 euros) son achegados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas á mellora da accesibilidade en espazos públicos, á súa vez cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020. A cantidade restante é financiada polo Concello da Laracha con fondos municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress