Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de octubre de 2018 | Leída 19 veces

A Mesa de Contratación clasifica as ofertas presentadas para a execución de 3 proxectos que suman 190.000 euros

En Paiosaco serán reordenadas as prazas de estacionamento público da Avenida Bergantiños. Será construída unha beirarrúa en Vilaño entre os núcleos de A Botica e A Panela. Nas parroquias de Erboedo, Soutullo e Soandres será mellora a superficie de rodadura en sete estradas...

A Mesa do Contratación do Concello da Laracha reuniuse onte para clasificar, segundo os criterios establecidos previamente nos pregos que rexen os procedementos, as ofertas presentadas por parte das empresas que aspiran a executar tres proxectos de mellora da rede viaria en diferentes localizacións do termo municipal.

 

A obra de maior entidade realizarase na Avenida Bergantiños, é dicir, o tramo urbano da estrada AC-552 ao seu paso pola localidade de Paiosaco. A actuación consiste na completa renovación dos bordes da calzada en ambas marxes da vía para reordenar as zonas de aparcamento público de vehículos. Para unha maior seguridade viaria, orientaranse os novos estacionamentos para aparcar marcha atrás -tal e como se recomenda actualmente para facilitar posteriormente a incorporación á estrada- en lugar de facelo en oblicuo e cara adiante como na actualidade. Contémplase, ademais, a renovación do pavimento neses espazos de estacionamento, a adecuación dos bordes das beirarrúas e a correspondente sinalización horizontal e vertical. A actuación está valorada en máis de 92.200 euros.

 

O segundo proxecto de maior custe será a mellora da superficie de rodadura en diferentes estradas das parroquias de Erboedo, Soutullo e Soandres. Suporá un investimento superior aos 67.000 euros e actuarase nunha distancia lineal duns catro quilómetros e medio repartidos entre sete estradas. En Erboedo o punto de intervención será a vía que comunica A Fontenla co límite co municipio de Arteixo. En Soutullo actuarase na estrada entre A Xesta e Os Bidueiros. E en Soandres mellorarase o estado da calzada nos accesos a Insuaboa, Maúnlle e As Salgueiras, así como de dúas vías no núcleo de Paradela.

 

O terceiro proxecto está valorado en 31.000 euros e localízase na parroquia de Vilaño. Prevé a construción dunha beirarrúa de dous metros de anchura na marxe dereita da estrada que comunica os lugares de A Panela e A Botica. Trátase dunha zona residencial na que nos últimos anos aumentou tanto a poboación como o número de vivendas construídas. A actuación tamén inclúe o ancheamento da calzada, melloras na rede de sumidoiros e a canalización soterrada para o servizo de iluminación pública.

 

Unha vez clasificadas por parte da Mesa de Contratación as ofertas presentadas os tres procedementos, nos próximos días o Concello da Laracha adxudicará os proxectos nos que serán investidos en total máis de 190.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress