Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 20 de octubre de 2018 | Leída 43 veces

Medio centenar de persoas participan na excursión para maiores, xubilados e pensionistas que organiza o concello

Saíron onte xoves e regresarán o domingo. O prezo por persoa é de 240 euros e inclúe o aloxamento en hoteis de tres estrelas, pensión completa e guía en todas as visitas. O Concello subvenciona integramente o prezo do transporte en autobús...

[Img #46961]

 

Medio centenar de veciños do municipio están a participar na excursión a Oporto que o Concello da Laracha organiza para ofrecer unha alternativa de ocio aos colectivos das persoas maiores e pensionistas.

 

O programa consiste nunha viaxe en autobús, que partiu onte xoves desde A Laracha. O primeiro punto de destino foi a localidade de Aveiro. A segunda xornada, que se está a desenvolver hoxe, é na cidade de Oporto, con visitas á catedral, Torre dos Clérigos, peirao do río Douro, convento de Sao Francisco e bodegas de viño de Vilanova de Gaia. Mañá Coimbra será o primeiro destino, con visita incluída á antiga universidade, e pola tarde farase un percorrido pola localidade de Nazaré. Por último, antes de emprender a viaxe de regreso, o domingo faranse excursións por Braga e Valença do Minho.

 

Forman parte da expedición larachesa o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira da área de Servizos Sociais, Rocío López.

 

Cada participante abonou por toda a viaxe 240 euros, que inclúen tres noites en hoteis de tres estrelas en réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea), guía en todas as visitas, entrada á universidade de Coimbra e seguro de viaxe. O Concello da Laracha subvenciona integramente o custe do transporte en autobús.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress