A concellería de xuventude presenta os novos circuitos culturais xuvenís do concello de Arteixo...
Hoxe mércores, ás 13:30 horas, a Alcaldesa do Concello de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, presentara o Centro de Xuventude os novos Circuítos Culturais Xuvenís do Concello de Arteixo, unha iniciativa baseada en actuacións, na súa maioría en interior, en formato acústico (non amplificado) e con recursos materiais xa dispoñibles no Departamento.
Dentro desta nova proposta, nace o Arte&Show, o primeiro dos múltiples evento dos Circuítos Culturais, que contará con convidados de repercusión nacional. Celebrarase os días 17 e 18 de setembro, e aprovéitase para recoller dentro dos Circuítos un Festival promovido dende o seu comezo pola mocidade, e na que a xuventude debe ser protagonista.