Agárdanse ventos de forza 8 e mar grosa na zona comprendida entre Cabo Prior e Bares. Espéranse refachos de vento que poderán acadar os 80 quilómetros por hora. Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar...
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa para maña por ventos do suroeste que se espera que acaden forza 8, no litoral da costa norte da provincia da Coruña, a partir de mañá martes ás 9.00 horas. Así mesmo, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), esperase tamén mar grosa, entre Cabo Prior e Bares.
Nivel amarelo costeiro por vento
Por outra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias tamén informou dun episodio de metereoloxía adversa de nivel amarelo por vento, a partir das 10.00 de hoxe, con posibilidades de refachos de vento fortes que poderán acadar os 80 quilómetros por hora.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros do noroeste da provincia de A Coruña e de Lugo, aos clubs náuticos destas dúas provincias e a Protección Civil, entre outros.
Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.