Martes, 7 septiembre 2010

A Xunta de Galicia achegou máis de 1.200.000 euros ao aeroporto de Alvedro para reforzar a súa conectividade aérea

Enviar por email

Ademais, a Xunta de Galicia fíxose cargo no ano 2009 dunha débeda 325.000 euros que tiña contraída o Concello da Coruña coa compañía Vueling Airlines, S.A...


[Img #5044]A Xunta de Galicia continúa reforzando as conexións aéreas á comunidade autónoma, a través de varios convenios de patrocinio publicitario establecidos con diferentes compañías áreas, que operan con voos internacionais, como é o caso de A Coruña-Amsterdam, no aeroporto de Alvedro, que obtivo este ano un total de 1.231.000 euros por parte do Executivo galego.

O voo entre a cidade herculina e Amsterdam (Holanda), que segue operativo grazas ao esforzo do Executivo galego en virtude das súas competencias nesta materia, inclúese dentro dunha acción global cos tres aeroportos galegos, valorada nun total de 4,5 millóns de euros, e grazas á cal tamén operan voos como Santiago-Zúrich, dende Lavacolla e Vigo-Bruxelas, dende o aeroporto vigués de Peinador. O investimento xeral acompañouse, ademais, por primeira vez, de accións de promoción turística valoradas nun 1,5 millóns de euros nos mercados emisores con voos directos a Galicia.

O reparto dos 4.5 millóns de euros cos que apostou o goberno galego foi realizado en base a indicadores económico-empresariales, de poboación, e turísticos, con un resultado moi equilibrado entre os tres terminais: en concreto, 1.376.000 para Lavacolla (ao que se suman os 500.000 euros da aportación da S.A. do Xacobeo), 1.231.000 para Alvedro e 1.392.000 para Peinador.Con isto, A Coruña e Vigo triplicaron a contía total recibida en 2009 para patrocinio de contratos publicitarios coas aerolíneas de baixo custo.

As cantidade que se achegaron neste ano supoñen tamén triplicar o investimento realizado para A Coruña en 2008 (300.000 euros). Do mesmo xeito, con esta nova distribución das axudas Santiago multiplica por 2.5 a aportación de 2008 que Incolsa recibiu para low cost.

Potenciación do destino Galicia
As accións de patrocinio publicitario, que iniciaron o pasado mes de marzo e rematarán o vindeiro 30 de outubro, permitiron potenciar, en pleno Ano Santo, o destino Galicia e, en concreto, reforzar os aeroportos galegos con diferentes conexións aéreas postos en marcha por diferentes compañías, como Vueling, Clickair e Ryanair.

A través destes acordos publicitarios, a Xunta contribuíu, pois, ao fortalecemento de Galicia como un único destino turístico, fomentando a complementariedade entre as tres cidades; os destinos emisores fidelizados ou con potencial en cada aeroporto determinaronse atendendo a criterios turísticos e ademais atendendo ás importantes débedas adquiridas polos entes promocionais de turismo. É o caso do Concello da Coruña, que tiña unha débeda pasada contraída de 325.000 euros coa compañía Vueling Airlines S.A, da que a Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo se fixo cargo.

A Xunta de Galicia non ten competencia en materia de xestión aeroportuaria, pero a través destas accións ten realizado un esforzo na ampliación da oferta de voos directos a Galicia sen precedentes na comunidade.

Comité de Rutas Aéreas
A Xunta de Galicia, que aproveitou con estas accións o máximo da tempada de verán destes voos nas tres terminais galegas, mantén a súa representatividade no Comité de Rutas, creado ao efecto para tales cuestións e que ten como principal obxectivo promover as actuacións necesarias para o fortalecemento da conectividade aérea mediante o establecemento e promoción de novas rutas aéreas nacionais e internacionais de acordo coas necesidades e o potencial da comunidade.

O Comité de Rutas Aéreas, pendente de recibir un estudo de impacto económico das aeroliñas de baixo custo en Galicia para seguir decidindo sobre futuras accións neste ámbito, conta cun Consello Xeral, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e formado tamén polos alcaldes dos tres concellos con terminal aeroportuaria, o conselleiro de Cultura e Turismo, o delegado do Goberno en Galicia e o presidente de Aena, así como por representantes das Cámaras de Comercio da Coruña, Santiago e Vigo e un representante da Confederación de Empresarios de Galicia. Ademais tamén conta cunha comisión técnica encargada de executar as directrices e liñas de actuación fixadas polo Consello Xeral.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS