Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 21 de septiembre de 2018 | Leída 57 veces

A Mobile World Capital aposta por Galicia para o seu primeiro evento fóra de Cataluña

A Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación da Coruña, xunto co Club Financeiro Atlántico apoian a Mobile Week Coruña, que terá lugar do 21 ao 28 de novembro. O evento nace coa vocación de irradiar a toda Galicia o debate sobre o impacto da tecnoloxía no modelo actual de sociedade. A iniciativa fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para poñer á cidadanía no centro da revolución dixital...

[Img #46750]

 

A Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) aposta por Galicia e pola cidade da Coruña para celebrar o seu primeiro evento fóra de Cataluña. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou que o encontro nace pivotando na cidade herculina pero con vocación de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade.

 

A responsable autonómica, que participou onte na presentación da Mobile Week Coruña, destacou que o apoio institucional da Xunta, a Deputación e o Concello da Coruña, xunto co Club Financieiro Atlántico evidencia o desexo común de colaborar para que o evento sexa un éxito e se consolide como una cita con continuidade no tempo.

 

Mar Pereira subliñou tamén o acerto no enfoque do encontro, que se centra nos retos realmente importantes como impacto da evolución tecnolóxica nas nosas vidas e da necesidade de darlle voz á cidadanía neste debate.

 

Entre o 21 e 28 de novembro, Mobile Week Coruña ofrecerá unha programación transversal e gratuíta en máis de 20 espazos ao longo dos 10 distritos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e a Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. Relatorios, charlas mesas redondas, demostracións, exposicións de arte, talleres e xornadas infantís, entre outras, darán lugar a abordar os retos, os límites e as oportunidades de transformación dixital.

 

Actividades e expertos

A iniciativa divide o seu programa en catro eixos de actividade: mWeek TALKS, un ágora de debate para reflexionar sobre como a revolución dixital inflúe na vida das persoas, mWeek LAB, demostracións e talleres de cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia, mWeek KIDS, actividades para toda a familia e, por último, mWeek GALLERY, un programa cultural paralelo organizado en colaboración con institucións e entidades do territorio que derivará en visitas guiadas e exposicións artísticas.

 

Para fomentar a reflexión ao redor da transformación dixital e potenciar o papel do Eixo Atlántico como axente crave da dixitalización do territorio, Mobile Week Coruña contará con relatores expertos en innovación, como Silvia Leal, profesionais do ámbito dixital, Adolfo Fernández (Google), e representantes do ámbito universitario como Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Educación da Universidade de Santiago.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress