Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 15 de septiembre de 2018 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

Os plans da Deputación da Coruña permitiron aos concellos reducir a súa débeda cos bancos en 26,7 millóns

Durante este mandato, o PAI e o Plan Único ofreceron aos concellos a posibilidade de solicitar préstamos sen xuros e con longo prazo de carencia e devolución para amortizar a súa débeda. O pleno da Deputación aprobou hoxe una nova moratoria de dous anos no prazo de devolución do PAI, polo que os concellos que comezaron a solicitar os fondos en 2015 non terán que comezar a devolvelos ata 2021...

O pleno da Deputación da Coruña aprobou onte a proposta do Goberno provincial para aplicar unha nova moratoria de dous anos na devolución dos préstamos que 76 concellos coruñeses solicitaron nos exercicios 2015 e 2016 ao abeiro do Plan de Aforro e Investimento (PAI) da institución provincial, algúns dos cales debían comezar a devolverse o ano próximo.

 

Trátase da segunda vez neste mandato que o Goberno provincial amplía o prazo de devolución do PAI,  un programa de créditos sen xuros que a Deputación puxo ao dispor dos concellos para facilitar a amortización da súa débeda e financiar obras, en función do seu nivel de endebedamento.

 

Ao ter que devolver só o importe principal prestado e contar cun prazo longo de devolución (10 anos) e de carencia (son esta nova prórroga chega ata os seis anos), supón un instrumento útil para que os municipios amorticen as súas débedas sen ter que pagar xuros ás entidades financeiras. Este programa de préstamos sen intereses segue vixente a día de hoxe como unha das liñas de financiamento incluídas no Plan Único (POS+) da institución provincial coruñesa.

 

A través do PAI e do Plan Único, os concellos coruñeses reduciron a súa débeda con entidades bancarias en 26,7 millóns durante este mandato. Durante estes tres anos, os municipios coruñeses non tiveron que destinar un só euro ao pago de xuros ou amortizacións.

 

Estes créditos sen xuros tiñan inicialmente un prazo de devolución de dez anos, mais dous de carencia. Con esta segunda ampliación do prazo de carencia (xa se aprobou outra en 2016), os concellos que tiñan que comezar a devolver as cantidades asignadas no PAI 2015 o vindeiro ano comezarán a facelo en 2021 e aqueles que solicitaron o PAI 2016 farano  a partir de 2022. O prazo de devolución seguirá sendo de 10 anos, polo que rematará en 2030 e 2031, respectivamente.

 

O goberno provincial que preside Valentín González Formoso, considera que esta nova moratoria de dous anos máis na devolución do PAI supón unha importante axuda económica para os concellos coruñeses, que é posible grazas á boa saúde económico–financieira da Deputación,  e que permitirá que os concellos que solicitaron estes programas sigan ata 2021 sen ter que destinar un só euro a pagar xuros ou amortizacións de débeda.

 

Dos 76 concellos coruñeses que solicitaron fondos do PAI en 2015 e 2016, 19 dedicaron a súa asignación unicamente á redución de débeda, 14 unicamente a investimentos, e 43 optaron por combinar ambas fórmulas. En conxunto, o PAI 2015 e 2016 serviu para reducir a débeda dos concellos coruñeses en 17.134.905 euros e para financiar 180 obras na provincia por importe global de 16.109.224 euros.

 

O Plan Único integra hoxe os fondos PAI

O Plan Único (POS+), que dende 2017 concentra os fondos dos diferentes plans provinciais previamente existentes cun investimento histórico de 182  millóns de euros nos concellos coruñeses, integra tamén estes fondos de préstamo que os municipios destinan fundamentalmente a sanear as súas economías.

 

Os efectos positivos deste esforzo económico da Deputación ao longo destes catro anos xa se deixan notar nas economías dos concellos. Cada ano vaise reducindo o importe e o número de concellos que solicitan estes fondos debido a que a maioría deles xa optaron por amortizar as súas débedas con entidades bancarias con cargo a este plans.

 

Así, o POS+2017 incluíu achegas por importe de 5.461.214 € para redución de débeda en 44 concellos, mentres que no POS+2018 un total de 32 concellos reduciron a súa débeda en 4.082.553 euros. En total, os concellos coruñeses amortizaron máis de 9,5 millóns de débeda con este programa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress