Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 15 de septiembre de 2018 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

O pleno da Deputación aproba por unanimidade unha declaración pedindo a condonación da débeda do porto da Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aprobou onte, por unanimidade de todos os grupos políticos representados na corporación provincial (PP, PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños), unha declaración institucional instando ao Goberno do España a condonar o préstamo concedido por Puertos del Estado á Autoridade Portuaria da Coruña para a construción do porto exterior de Punta Langosteira ou, no seu caso, conceder as axudas económicas equivalentes conducentes á amortización efectiva de dito préstamo...

Así se recolle no texto da declaración aprobada onte, que vai na liña do acordo unánime alcanzado no Parlamento Galego o pasado 12 de setembro, e na que tamén se solicita ao Ministerio de Fomento a convocatoria da Comisión de Seguemento do convenio co fin de negociar un protocolo de colaboración que teña por obxecto a revisión dos convenios de 2004 e do PXOM de 2013 sobre o fundamento da definición dun novo horizonte litoral e portuario para a cidade da Coruña baseado nos principios básicos de titularidade e xestión pública dos terreos, equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios.

 

Asemade, a Deputación insta a Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a constituir un ente público como forma de participación e xestión deste novo horizonte litoral.

 

Garantir a conexión ferroviaria con Punta Langosteira

Finalmente, o pleno da Deputación insta a Fomento e Portos do Estado a impulsar e financiar a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira sen achega económica da Autoridade Portuaria da Coruña e, a tal efecto, demandar a inclusión dun orzamento axeitado tanto no Plan de Investimentos de Portos do Estado e ADIF como na Lei de Orzamentos do Estado para 2019, de xeito que poda ser licitada no primeiro semestre dese exercicio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress