Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 15 de septiembre de 2018 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A Deputación forma a 57 concellos da provincia na aplicación das actualizacións lexislativas en materia de Recursos Humanos

No marco do proxecto para a implantación da aplicación de xestión de recursos humanos GINPIX 7 nos concellos da provincia da Coruña, a Deputación organiza a próxima semana unhas xornadas de formación destinadas ao persoal técnico da área de Recursos Humanos dos municipios coruñeses...

Ditas xornadas están dirixidas principalmente aos responsables da xestión de persoal e usuarios da devandita ferramenta e o seu principal obxectivo é prestarlles a asistencia e soporte necesarios para realizar os procesos e actuacións necesarios para o cálculo e abono dos atrasos dos salarios e demais complementos retributivos derivados da aprobación da  Lei 6/2018 de 3 de Xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018) : o incremento do 1,5% respecto das vixentes a 31/12/2017 en cumprimento do marco plurianual de incremento salarial para os empregados públicos para o tres próximos anos negociado entre o Goberno e a representación sindical, e o incremento adicional do 0,25% como consecuencia do Acordo do Consello de Ministros de 13/07/2018 adoptado en base á certificación do  incremento do PIB do 3,1% a prezos constantes en 2017 que se contemplaba no propio artigo.

 

As xornadas de formación impartiranse desde o  luns 17 ao venres 21 de setembro, en horario de 9:30  a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, na aula de formación do Colexio Calvo Sotelo  da Coruña e asistirán 57 concellos e da Provincia, xestionándose xa noutros 12 as actualizacións retributivas e atrasos correspondentes no programa coa colaboración e axuda do persoal adscrito ao Servizo de Asistencia.

 

O obxectivo destas xornadas céntranse en posibilitar que os concellos asistentes consigan impulsar e dar axilidade ao cumprimento das previsións legais na materia contempladas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress