Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 14 de septiembre de 2018 | Leída 22 veces
cambre

Cambre formará a 45 desempregados con tres novos cursos no Plan AFD

O Centro de Formación do Espíritu Santo acollerá tres novos cursos a partir de outubro: “Soldador con electrodo revestido e TIG", "Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG" e "Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas". Os interesados deberán contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local de Cambre antes do 24 de setembro. Tel: 981 613 196…

O Concello de Cambre  conscente dos bos  resultados que están dando os proxectos formativos destinados aos desempregados para a súa inserción laboral solicitou á Xunta de Galicia varios cursos formativos como ven facendo cada ano. Os cursos levaranse a cabo financiados  da Consellería Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

Deste xeito, o Centro Municipal de Formación do Espíritu Santo acollerá os tres novos cursos a partir do mes de outubro: “Soldadura con electrodo revestido e TIG" (758 horas), "Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG" (678 horas) e "Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas" (658 horas). 


As persoas desempregadas deberán preinscribirse na Axencia de Desenvolvemento Local de Cambre e verificar que teñen acreditada a titulación mínima académica necesaria para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 (ESO ou equivalente).

 

As persoas desempregadas terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e deberán contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local de Cambre antes do 24 de setembro no teléfono 981 613 196.

 

A edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, agradeceu á Xunta e ao Ministerio a concesión destes cursos. “Estes cursos permitirán formar a 45 desempregados nunhas disciplinas demandadas polas empresas locais. Continuamos coa nosa aposta de formar a desempregados para sexa efectiva a súa inserción laboral”, apuntou a concelleira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress