Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 14 de septiembre de 2018 | Leída 15 veces

O Concello organiza unha excursión Allariz e Celanova dirixida a persoas maiores, xubiladas e pensionistas

Realizarase o martes 25 de setembro. A xornada inclúe o xantar e visitas guiadas en ambas localidades. O prezo é de 20 euros e o prazo de inscrición abrirase o martes...

O Concello da Laracha organiza unha nova excursión dirixida ás persoas maiores, xubiladas ou pensionistas do municipio. Neste caso o destino serán as localidades ourensás de Allariz e Celanova. Trátase dunha proposta lúdica, recreativa e cultural que se marca como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer deste colectivo e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.

 

A excursión terá lugar durante a xornada do martes 25 de setembro, estando a saída dos autobuses prevista para as oito da mañá desde a A Laracha. O primeiro punto de destino será Allariz, onde os participantes realizarán unha visita guiada pola vila e acudirán ao Museo do Coiro. Despois do xantar, desprazaranse ata Celanova para visitar o mosteiro desa localidade.

 

O prazo de inscrición abrirase o martes da próxima semana (18 de setembro). A cota que deberán aboar os participantes é de vinte euros, que inclúen o transporte, o xantar e todas as actividades que se desenvolverán ao longo da xornada. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no departamento de servizos sociais do Concello da Laracha (novo edificio administrativo). As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress