Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 14 de septiembre de 2018 | Leída 19 veces

A Xunta de Goberno Local adxudicou o novo contrato do servizo da aula lúdica

Á empresa Senes Cit S.L. por un importe de 29.137,97 euros anuais. Trátase dunha das principais medidas de axuda á conciliación do Concello da Laracha. O horario nos variará e continuaranse realizando actividades educativas e ludo-recreativas consensuadas co Concello e o CIM...

Na reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada onte acordouse adxudicar á empresa Senes Cit S.L. o novo contrato de xestión do servizo de axuda á conciliación persoal, laboral e familiar que o Concello da Laracha presta ao longo de todo o ano na aula lúdica municipal.

 

A duración deste acordo é por dous anos con posibilidade de prórroga por un ano máis. O importe da adxudicación ascende a 29.137,97 euros por cada unha das anualidades.

 

Tal e como se establece nos pregos que rexeron a convocatoria, o servizo comprende a apertura das instalacións, a vixilancia dos usuarios e a programación das actividades, que en todos os casos serán consensuadas co Concello da Laracha e o Centro de Información ás Mulleres (CIM). Ditas actividades xirarán en torno á educación en igualdade, fomento da corresponsabilidade, prevención da violencia de xénero, bos hábitos sociais e educación para a saúde. Tamén haberá iniciativas ludo-recreativas, animación á lectura e actividades de psicomotricidade.

 

Todos os monitores que estean ao cargo dos nenos na aula lúdica municipal deberán contar coa correspondente titulación nesa materia e acreditar formación e experiencia nas áreas de igualdade e prevención da violencia de xénero.

 

O servizo que se ofrece na aula lúdica municipal a través do programa Harmoniza –cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo- é unha das principais medidas do Concello da Laracha dirixidas ao apoio da vida persoal e laboral das familias con nenos de entre 3 e 12 anos de idade ao seu cargo. O servizo continuará estando en funcionamento de luns a venres, pola tarde durante o curso escolar (de 16:30 a 20:30 horas) e pola mañá durante o verán (de 9:00 a 14:00 horas). Tal e como foi habitual nos últimos anos, no Nadal, Semana Santa e Entroido abrirase tanto en horario de mañá como de tarde.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress