Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de septiembre de 2018 | Leída 59 veces
ARTEIXO

Avance do Outono Cultural

A Concellaría de Cultura e Festas, aposta un ano máis, polo Outono Cultural, un dos programas que conta con máis seguidores en Arteixo no só pola oportunidade que se lles brinda de poder gozar de distintas linguaxes escénicas senón porque poden facelo de man de compañías e grupos fortemente consagrados no panorama artístico galego e nacional. Teatro, Música, Cinema e Monólogos son algunhas das disciplinas que se desenvolverán durante os meses de outubro, novembro e decembro nos Auditorios de Arteixo e Meicende...

[Img #46672]

 

De entre as novidades destacables desta nova edición do Outono está a visita da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) por segunda vez a Arteixo, dentro dunha xira promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de descentralizar a excelencia artística da agrupación facéndoa chegar á veciñanza dos diferentes municipios da provincia. Será o venres 28 de setembro no Auditorio do CCC de Arteixo ás 20:45 h baixo a dirección de Aaron Zapico e cun programa de oberturas e sinfonías extraídas de espectáculos teatrais estreados en España no século XVIII compostas por Francisco Corselli, José de Nebra, Cayetano Brunetti, Nicolás Conforto e Juan Bautista Mele.

 

O concerto será con entrada que se poderá adquirir o 28 de setembro de 11:30 - 13:30 h e 2 h na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala. O número máximo de entradas por persoa será de 5.

 

Neste Outono Cultural tamén contaremos coa Panadaría, unha das compañías que actualmente figura á vangarda da escena galega, con Elisa e Marcela, comedia musical gañadora indiscutible nos María Casares deste ano: mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista a Areta Bolado. Chévere voltará a visitarnos coas Fillas Bravas, pero desta volta, serán os espectadores do Auditorio de Meicende os que gozarán desta divertida comedia; e Sarabela Teatro, unha das compañías de maior prestixio e das máis premiadas en Galicia traeranos unha montaxe do máis orixinal, Normas para saber vivir na sociedade moderna.

 

Con respecto ao panorama teatral nacional, teremos a compañía canaria máis mediática Abubukaka, e a súa adaptación desternillante en verso de Drácula, e a madrileña La Estampida con Lo nunca visto, unha obra de personaxes entrañables e sufridores que descubrirán por medio do reencontro e da maxia do teatro, o momento vital no que unha elección cambiou o rumbo das súas vidas.

 

Outros artistas de renome que nos acompañarán son: Rosa Cedrón con Emilio Rúa en concerto, Las Antonias ou Marcos Pereiro como monologuista.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress