Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de septiembre de 2018 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña destina case medio millón de euros a actividades de asociacións de cultura tradicional

Apoia os programas de máis dun cento de actividades de bandas, corais ou grupos de baile…

[Img #46671]

 

Case medio millón de euros é a cantidade que a área de Cultura da Deputación da Coruña achega a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de grande formato para o desenvolvemento do seu programa de actividades. A través da liña de axudas en concorrencia competitiva adxudica un total de 475.169, 60 € a 104 entidades.

 

Máis de cen entidades que traballan no ámbito da cultura tradicional e popular son as beneficiarias da liña de axudas ás que a Deputación da Coruña destina na súa adxudicación provisional un total de 475.169,60 €. A esta cantidade que ten como obxectivo apoiar o programa de actividades das asociacións sumarase en breve a resolución da liña que ten como obxecto contribuír a afortalar os investimentos necesarios para o seu funcionamento.

 

Con esta liña de axudas, a área de Cultura da Deputación da Coruña quere apoiar o tecido asociativo da cultura tradicional, en particular, o desenvolvemento de actividades dos seus programas anuais. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, destaca que "cada ano comprobamos o resultado deste apoio que se traduce no afortalamento das asociacións e nunha difusión en grandes dimensións da nosa cultura tradicional e popular que supón, a súa vez, milleiros de persoas participando activamente na creación cultural".

 

"O tecido asociativo está a traballar pola dinamización e a transmisión da nosa cultura tradicional e, de maneira especial a través de entidades locais, contribúe de maneira sólida en manter viva a nosa cultura", engadiu Goretti Sanmartín.

 

A Deputación vén de facer pública a resolución provisional da terceira edición desta liña de axudas que busca, como en todas as convocatorias, a distribución dos orzamentos públicos da área de maneira transparente e obxectiva.

 

Con este apoio ao programa de asociacións de cultura tradicional subvenciónanse a realización de obradoiros e cursos, festivais, concertos, xuntanzas de música tradicional, ciclos, intercambios culturais, concursos e festivais. De maneira especial, as entidades destinan as axudas aos programas formativos nos que participan especialmente xente nova que garante a continuidade da cultura tradicional.

.

Entre as entidades beneficiarias das axudas atópanse a Agrupación Cultural Arume, a Banda de Música de Arzúa, a Asociación airiños de Quenlle. a Orquestra Gaos, Xacarandaina, Cantares Gallegos, Sementeira de Cambre, Cantigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Brincadeira ou o Coro Toxos e Froles entre outras moitas até un total de 104, quedando 2 máis na resolución provisional pendentes de achega de documentación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress