Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de septiembre de 2018 | Leída 10 veces
Deputación da Coruña

A Deputación sinaliza 630 km de estradas provinciais para mellorar a seguridade viaria dos ciclistas

Os 57 tramos viais máis transitados por bicicletas da provincia, que representan un 30% da rede provincial de estradas, forman parte deste primeiro plan para mellorar a seguridade ciclista...

[Img #46670]

 

Mais de 630 quilómetros de 57 estradas provinciais contarán a partir das vindeiras semanas cunha nova sinalización específica para advertir aos condutores da presenza frecuente de ciclistas na vía e lembrarlles a obrigatoriedade de deixar 1,5 metros nos adiantamentos.

 

A sede da institución acolleu onte pola mañá a sinatura do contrato deste plan de seguridade ciclista, adxudicado á empresa Díez e Cía. por importe de 101.359,28 euros.

 

O Goberno provincial que preside Valentín González Formoso explicou que o plan permitirá mellorar a seguridade dos ciclistas en preto do 30% dos 2.100 quilómetros cos que conta a rede de estradas dependente da Deputación da Coruña.

 

Para a selección dos tramos nos que se implementa este novo plan de seguridade cicilista, o departamento de Vías e Obras da Deputación recolleu as propostas e datos da Dirección Xeral de Tráfico, a Federación Galega de Ciclismo e a Asociación de Ciclistas Crunia. Así, as estradas foron seleccionadas en función do volume de ciclistas que rexistran, prorizando as que teñen maior intensidade de tráfico ciclista da provincia.

 

O plan de mellora da seguridade ciclista contará con dúas liñas de acción complementarias. A primeira delas consistirá na instalación de novas sinais para advertir da presenza habitual de ciclistas no tramo e informar das medidas de seguridade en 410,6 quilómetros de 40 estradas.

 

Doutra banda, completarase a sinalización xa existente en 220 quilómetros de 17 estradas, complementando así a campaña “Ponle Freno”, na que participou a Deputación hai algúns anos.

 

1,5 metros de distancia

En total, colocaranse 86 grandes paneis e 286 sinais triangulares. Os paneis terán unhas dimensións de 1,2 x 1,8 metros e ubicaranse en ambos sentidos do vial, ao principio e ao final de cada tramo. Neles, advertirase sobre a obrigatoriedade de deixar 1,5 metros de distancia nos adiantamentos entre automóbiles e ciclistas e se especificará o número de quilómetros do tramo no que é frecuente atopar bicicletas.

 

As sinais triangulares ubicaranse cada dous ou tres quilómetros para lembrar aos condutores a presenza frecuente de ciclistas na estrada.

 

Fomento do ciclismo na provincia

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso inscribiu o plan de seguridade viaria na aposta da Deputación polo ciclismo, e puxo como exemplo a Rede Ciclista Metropolitana, na que a institución inviste 3,6 millóns de euros para conectar Arteixo, Oleiros, A Coruña, Cambre e Culleredo mediante un carril de 78 quilómetros de lonxitude.

 

Formoso lembrou tamén que a Deputación financia con 40.000€ a redacción do proxecto da Vía Verde Santiago – Cerceda, que permitirá percorrer a pé ou en bicicleta 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do tren nos concellos de Santiago, Ordes, Oroso, Tordoia e Cerceda. “Con ambos proxectos pretendemos poñer en valor un modelo de transporte sostible”, afirmou González Formoso e engadiu que a Vía Verde será un elemento dinamizador do turismo e facilitará a conexión dos núcleos rurais dos cinco concellos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress