Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de septiembre de 2018 | Leída 56 veces
cambre

Todo preparado para la I Open Science Cambre

Terá como principais actividades 70 stands con experimentos científicos, café científico, obradoiros, concursos, cohetes acuáticos, drons, un reto de scape room, iglú interactivo…

[Img #46669]O parque da Igrexa acollerá a I Open Science Cambre o vindeiro sábado 15 e domingo 16, a feira científica e investigadora onde o principal lema é “Prohibido non Tocar”.

 

O alcalde, Óscar García Patiño, presentou onte xunto ao edil de xuventude, Moncho Boga, o director da feira, Hugo Cortés (de 16 anos), e o profesor do IES David Buján e impulsor do evento, José Viñas, o evento no que participan máis de 130 estudantes, o 60% mulleres.

 

En total máis de 300 persoas participarán na organización da feira científica que terá como principais actividades 70 stands con experimentos científicos, café científico, obradoiros, concursos, cohetes acuáticos, drons, un reto de scape room, iglú interactivo… Ademáis, todo se retransmitirá vía streaming.

 

O alcalde, lembrou a aposta deste goberno pola ciencia e por impulsar o Concello como centro de referencia na organización de actividades culturais, educativas e de lecer. “Cando tiven coñecemento desta idea no dubidei nin un segundo en apostar por ela e por atopar os patrocinadores para a súa realización.

 

O Concello destinou nos orzamentos unha partida de 40.000 euros para este evento porque cree que será “un espazo para a ciencia que co paso do tempo será protagonista no ámbito nacional e internacional, xa o é agora e aínda está nacendo”. Espérase a cegada de moitos docentes e alumnosmos procedentes de toda España e de Europa. O evento foi catalogado como evento científico Europeo.

 

García Patiño dirixiuse aos xóvenes que fan posible o evento científico. “Estos xóvenes cambreses son un orgullo deste municipio, cun interese polo mundo que os rodea e que lles fai especiais e que nos fai sentirnos extraordinariamente satisfeitos do su traballo”.

 

Por outra banda, tamén agradeceu ás familias de Cambre que durante estos días acollerán a moitos estudantes foráneos chegados desde diversos puntos da Penínsulae de Europa. “Sin estas familias non sería posible esta feira”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress