Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de septiembre de 2018 | Leída 29 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña premia cunha viaxe literaria á gañadora do concurso #hoxeleoen

Máis de cen participantes publicaron nas redes imaxes das súas lecturas de verán…

[Img #46667]A foto está feita en Ferrol, co mar de fondo e o libro Ollos de auga de Domingo Villar en primeiro plano e é a gañadora do concurso #hoxeleoen promovido pola Biblioteca e a área de Turismo da Deputación da Coruña que ten como obxectivo animar a ler como parte da viaxe e as vacacións. Máis de cen persoas participaron no certame.

 

Na propia Biblioteca da Deputación da Coruña desenvolveuse este martes 12 de setembro o acto de entrega do premio do concurso #hoxeleoen, organizado pola Biblioteca en colaboración coa área de Turismo da Deputación, polo que a autora da imaxe premiada Zaída Panadero Álvarez, de Ferrol, é a gañadora dunha viaxe literaria a París para dúas persoas.

 

O deputado de Turismo Xosé Regueira Varela, a xefa de Sección de Turismo Mª Teresa Loureiro Ventureira, e a Arquiveira Bibliotecaria, Mª Dolores Liaño Pedreira participaron no acto de entrega do premio que consiste nunha viaxe á cidade de París con especial atención á súa vinculación coa literatura.

 

No acto de entrega, o deputado Xosé Regueira  parabenizou á gañadora e destacou a participación nun concurso que ten como obxectivo "promocionar o territorio tamén coa lectura que é, sen dúbida, a mellor compañia do verán e algo que forma parte importante da propia viaxe". 

 

O concurso de verán tivo como obxecto a dinamización e animación á lectura, así como a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da Coruña.

 

As persoas participantes remitiron a través das redes sociais e do correo electrónico fotografías dos seus recunchos a preferidos para ler este verán, xunto coas lecturas das que estaban a gozar.

 

Entre tódalas fotografías participantes, que nesta edición foron 103, sorteouse unha viaxe a París relacionada coa temática literaria do concurso do que saíu gañadora a ferrolá Zaida Panadero Álvarez.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress