Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 11 de septiembre de 2018 | Leída 45 veces

O Concello renova a pista polideportiva do CEIP de Caión

Estase realizando o pulido de toda a súa superficie e posteriormente será pintada e marcadas as diferentes pistas de xogo. Neste verán tamén foi pavimentado o espazo fronte a entrada principal ao centro, reparouse a cuberta e remodeláronse unha aula e os aseos da planta baixa. Todas as obras foron consensuadas co equipo directivo do centro...

[Img #46650]O curso escolar 2018-2019 comezarán este mércores para os alumnos que cursan estudos de educación infantil e primaria. Coa vista posta nesa data, o Concello da Laracha está a ultimar as actuacións necesarias para que as instalacións dos colexios e os seus espazos complementarios estean en perfectas condicións para recibir aos nenos e ao profesorado e iniciar a actividade.

 

Onte o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable da área de Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron ao CEIP de Caión para coñecer in situ o desenvolvemento dos traballos de renovación da pista polideportiva do colexio. Nesta infraestrutura municipal estase realizando o pulido de toda a súa superficie co propósito de mellorar o seu pavimento. A continuación será pintada e, por último, marcadas as diferentes pistas de xogo. A intervención completarase realizando unha serie de melloras puntuais no seu entorno, incluíndo os accesos, os bancos e a malla perimetral. Por outra banda, o Concello da Laracha tamén pavimentou o espazo do interior do recinto situado fronte a entrada principal ao colexio.

 

Ademais destas actuacións, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia realizou durante o verán actuacións no interior do centro co obxectivo de facilitar a actividade diaria. Así, acometeuse unha reparación na cuberta e na planta baixa foron remodelados os aseos e unha das aulas.

 

Todas estas actuacións, tanto as levadas a cabo con fondos municipais como as realizadas pola Consellería de Educación, foron consensuadas co equipo directivo do CEIP de Caión.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress