Lunes, 6 septiembre 2010

II peregrinación galega en tractor clásico

Enviar por email

A Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) foi a encargada da súa organización....


[Img #5032]O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, recibiu onte diante da capela de San Marcos, no Monte do Gozo, a 21 tractores pertencentes á comitiva de tractores agrícolas clásicos que fixo esta fin de semana a “II Peregrinación a Santiago” polo Camiño Francés.

Tras unhas breves palabras do presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC), Marcos Vázquez; o titular de Medio Rural felicitou aos asistentes por participar nesta II edición e engadiu que, esta, é unha boa maneira de combinar o Ano Xacobeo co eido rural, realizando o camiño nunha maquinaria tan emblemática da terra como é o tractor. Unha peza de traballo fundamental nos campos e montes galegos que supuxo a mecanización agraria e a liberación do traballo humano e animal no campo.

Medio Rural colabora con esta asociación mediante o programa renove de tractores; mentres que a Consellería de Traballo e Benestar o fai mediante programas de cooperación para o fomento do emprego. A Deputación Provincial de Lugo é o ente que patrocina a nivel económico esta marcha, xunto con empresas privadas, subvencionando o custo de transporte.

Itinerario
Esta II peregrinación comezou en Pedrafita e a primeira parada foi en Triacastela para unha revisión inicial das máquinas. A seguinte parada foi no municipio de Sarria para logo facelo en Portomarín. En Melide, a alcaldesa do concello, Socorro Cea, recibiu á comitiva para logo seguir ata Arzúa. Tras unha pausa no concello do Pedrouzo foron recibidos polas autoridades no Monte do Gozo.

Homenaxe
Este ano, a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica rende homenaxe ao defunto comandante da Garda Civil de Tráfico e gran impulsor deste evento, José Iglesias, mediante a instalación dun motor clásico Ford de 4 cilindros (dos anos 20) adaptado para funcionar con combustión por gasóxeno producido ao queimar leña. Unha maneira de agradecer o seu traballo a prol do uso do material biolóxico producido no campo para crear enerxía.

Participación feminina
Nesta edición reduciuse o número de tractores participantes para reducir o impacto ocasionado na circulación do tráfico. Cabe destacar tamén o aumento significativo de mulleres que se incorporaron á ruta, pasando de unha -a socia fundadora da Asociación, María José Bande- a catro nesta peregrinación.

Rutas en proxecto
Unha iniciativa pensada pola Asociación é realizar outras rutas por camiños antigos e medievais para promocionar os concellos rurais e todo o seu atractivo. Xa está prevista para este inverno a realización do “Camiño Real” dende o Furco ata Lugo, pasando por Láncara e O Corgo.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS