Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 8 de septiembre de 2018 | Leída 35 veces

Caión acollerá o campionato galego de patinaxe artística das categorías benxamín a infantil

Baixo a organización do Club Patín Conxuro da Laracha e a Federación Galega de Patinaxe en colaboración co Concello da Laracha. Participarán medio centenar de patinadores e patinadoras representando a 19 clubs de toda Galicia. Claudia Piñeiro, na categoría infantil, será a única participante do C.P. Conxuro....

[Img #46644]

 

O Club Patín Conxuro organiza o campionato galego de patinaxe artística de categorías benxamín a infantil que se vai celebrar o sábado 15 de setembro no pavillón de Xermaña, en Caión. Farase coa colaboración da Federación Galega de Patinaxe e do Concello da Laracha.

 

A proba desenvolverase durante todo o día, entre as 10:00 e as 20:35 horas, estando detallados todos os horarios no programa que se acompaña xunto a este comunicado.

 

Está previsto que acudan a este campionato preto de cincuenta participantes, que representarán aos seguintes dezanove clubs procedentes de toda Galicia:

 

  • CP Conxuro (A Laracha)
  • C.A.R.P.A Viqueira (Vigo)
  • CPA Ágora (Santiago)
  • CP Compostela (Santiago)
  • CPA Condado (Salvaterra de Miño)
  • Coruxo F.C (Coruxo)
  • Covelo PA (Covelo)
  • CPA Gondomar (Gondomar)
  • AD Raiola (Ferrol)
  • Patín Velúa (Malpica)
  • Patín Oroso (Santiago)
  • CPA Valladares (Vigo)
  • CPA Omega (Santiago)
  • CP Ribeira (Ribeira)
  • Patín Axel (Arteixo)
  • CP Sarela (Santiago)
  • CP Buxaina (Ferrol)
  • CP Oleiros (Oleiros)
  • CPA Maxia (A Coruña)

 

O C.P. Conxuro da Laracha, organizador deste evento, estará representado pola patinadora da categoría Infantil Claudia Piñeiro Calvete, que fora a 6ª clasificada no último campionato provincial. Precisamente esta patinadora acompañou a Ana Martínez, adestradora do club, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Patricia Bello, edil responsable da área de Deportes, no acto de presentación oficial do campionato realizado no salón de plenos do Concello.

 

O club larachés xa organizou con rotundo éxito outros dous torneos federativos neste ano. O 26 de maio, o Campionato Galego e o 28 de abril, o Campionato Provincial, en ambos casos das categorías cadete a sénior. Grazas a estas iniciativas do C.P. Conxuro da Laracha, desde hai anos Caión é unha localidade de referencia no circuíto galego de patinaxe artística.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress