Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 7 de septiembre de 2018 | Leída 22 veces

A Xunta impulsa o talento feminino nas entidades de economía social cunha nova edición do programa Medrando Xuntas

Hoxe 7 de setembro bota a andar de novo esta iniciativa coa que se forma as mulleres para o exercicio da función directiva neste tipo de entidades, ao tempo que se busca difundir o papel que xogan no tecido socioeconómico galego. A primeira edición do programa acadou excelentes resultados en canto á participación e á valoración da experiencia por parte das alumnas. Como principal novidade esta segunda edición incorpora un foro participativo, espazo de encontro para conversar sobre mulleres e economía social coas participantes de ambas as edicións...

[Img #46636]

 

Da comezo en Santiago de Compostela a segunda edición do espazo formativo para mulleres directivas da economía social, Medrando Xuntas, que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O curso, de 80 horas de duración, combinará clases presenciais con actividades a distancia, para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. As 26 participantes desta edición terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades para asumir os retos da dirección e xestión de entidades, así como compartir e coñecer outras mulleres que lideran a economía social en Galicia.

 

Medrando Xuntas, que o ano pasado acadou excelentes resultados en canto á participación e á valoración da experiencia por parte das alumnas, conta con dous itinerarios, un dirixido a mulleres con responsabilidades de goberno e de xestión e outro cuxas destinatarias son socias e/ou traballadoras en entidades de economía social. Neste segundo caso, ofrécese unha formación específica enfocada a empoderar as mulleres de contornas urbanas e rurais cun curso de 20 horas de duración que terán lugar entre os meses de outubro e novembro de 2018. As actividades presenciais terán lugar neste caso en Lugo, sumándose aos xa realizados o pasado ano na Coruña, Vigo e Ourense. A partir do día 17 de setembro reabrirase o prazo de inscricións para esta actividade ata completar as prazas dispoñibles.

 

Esta segunda edición contará como novidade cun foro participativo coas alumnas de ambas as dúas anualidades. Será un espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no mundo da economía social e as ferramentas e estratexias que se están a desenvolver para contribuír na construción de modelos de negocio de éxito a través da creación dunha nova economía máis xusta, solidaria e xerativa.

 

Toda a información relativa a Medrando Xuntas (programas completos, lugares de realización, datas e horarios, etc.) pode consultarse na web de Eusumo ou dirixir as dúbidas ao correo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou aos teléfonos 605 545 606 - 676 531 453.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress