Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 7 de septiembre de 2018 | Leída 46 veces

Caión será a capital galega do surf ao acoller os campionatos autonómicos de todas as modalidades do circuíto

O club Caión Surf House e a Federación Galega de Surf organizan este evento coa colaboración do Concello da Laracha. Contarase con máis de douscentos participantes. Como actividades complementarias haberá un campionato de volei praia, rampla da snowboard e proxección de documentais de surf...

[Img #46634]A praia de Caión acollerá desde hoxe venres e ata o domingo os campionatos galegos de todas as categorías dos circuítos de surf, body board, long board e stand up paddle (SUP). O club Caión Surf House e a Federación Galega de Surf organizan este evento coa colaboración do Concello da Laracha.

 

Á espera de que se pechen as inscricións, actualmente xa hai máis de douscentos competidores anotados entre as categorías de base e sénior. Mañá venres as primeiras probas que se disputarán estarán protagonizadas polos participantes sub-12, sub-14 e 16 masculino e femenino. Ao longo da fin de semana o estado da mar determinará os horarios de celebración das probas das diferentes modalidades e categorías. As previsións iniciais poden consultarse nos calendarios da competición que se acompañan neste comunicado.

 

Para amenizar as xornadas tanto para os participantes como para a o público presente, os organizadores instalarán no areal de Caión coa colaboración de naútica Golfiño un torneo de voley e nas instalacions de Caion surf house instalarase unha rampla de snowboard,  proxectarán documentais sobre surf e competición de mini rampa de skate.

 

A organización escolleu estas datas para facer coincidir os campionatos coas Festas dos Milagres de Caión. A presenza dos mellores surfistas de Galicia na praia e o espectáculo que ofrecerán durante a competición aportará un novo enfoque deportivo ás celebracións e será un atraínte máis para as miles de persoas que se achegan á localidade nestes días.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress