Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 10 de agosto de 2018 | Leída 15 veces

O Concello adxudicou as obras de mellora da rede viaria por un importe de 267.000,00 euros

Un deles afecta a seis estradas de Soandres e tres de Soutullo. En Vilaño será ampliada a plataforma da calzada que comunica A Areosa con A Balsa...

[Img #46421]

 

O Concello da Laracha adxudicou en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local as obras de mellora de diferentes puntos da rede viaria municipal que alcanzan un investimento total de 267.000,00.

 

Unha das obras, Mellora de camiños nas parroquias de Soandres e Soutullo, foi adxudicada a empresa Construcciones López Cao, S.L., por un importe de 155.944,80 euros. A actuación contempla a renovación do pavimento en seis estradas de Soandres (vías A Baiuca-A Orraca e DP 1913-Condes e núcleos de A Bouza, A Ferradura, Currelos, e Villamir) e en tres de Soutullo (estrada Novás-O Igrexario e núcleos de Novás e Vilar do Boi).

 

Na parroquia de Vilaño renovarase o pavimento e ampliarase a vía municipal que comunica os núcleos de A Areosa e A Balsa. Esta obra foi adxudicada á empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, S.L. por un importe de 111.056,29 euros. Polas características desta estrada, para poder realizar o ancheamento da plataforma será preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade como biondas. Ademais, será mellorada a rede de recollida de augas pluviais.

 

Ademais de estas dúas obras, o pasado martes asinouse o contrato, coa empresa Excavaciones y obras Candal, S.L., para a realización da obra de Mellora e mantemento de camiños nas parroquias de Lestón e Golmar, por medio da cal se van a mellorar as condicións de determinados camiños rurais nas dúas parroquias.

 

O Concello da Laracha pretende que estas actuacións poidan comezar a executarse á maior brevidade posible despois da súa adxudicación para aproveitar as favorables condicións climatolóxicas do verán para o desenvolvemento deste tipo e traballos na rede viaria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress