Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 9 de agosto de 2018 | Leída 17 veces
Deputación da Coruña

Oliver Añón gaña o XIII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña

A obra Canción para afundir flores no mar, do ilustrador e animador Oliver Añón Lema, (Barcelona, 1982), é a gañadora da nova edición do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Será a primeira obra publicada polo autor residente na Coruña...

[Img #46414]

 

O xurado, composto por profesionais da banda deseñada como María del Carmen Moreu Bibian, José Mato Fondo, Sara Prieto Puy,  Héctor  Real Arregui e Beatriz Lema -gañadora da edición anterior- e presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín  Rei, coa xefa do Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria, decidiu designar como gañadora da XIII edición do Premio Castelao de Banda Deseñada a obra presentada co título Canción para afundir flores no mar.

 

Aberta a plica, a obra resultou ser da autoría do ilustrador e animador Oliver Añón Lema que verá desta maneira publicada a súa primeira obra en formato libro.

 

O xurado valorou que a obra gañadora é "graficamente impecable, moi ben debuxada, coherente, con bo uso do branco e negro". Destaca tamén a capacidade do autor de aproveitar "as posibilidades do medio a través da narración visual".

 

A obra está construída sobre unha trama principal na que se entrelazan pequenas historias con personaxes particulares deixando ver un relato con presenza autobiográfica. O autor elaborou a obra con técnica dixital por medio dunha tableta pero seguindo o sistema tradicional mediante o debuxo por medio dun lapis directamente na pantalla. O acabado semella o resultado do uso de tinta china.

 

Oliver Añón naceu en Barcelona en 1982 onde estaba a súa familia emigrada, e regresou con só un ano á Coruña. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e doutorado no programa "Tempos e lugares da arte Contemporánea" pola Universidade de Barcelona, Oliver Añón comezou a traballar na capital catalá para produtoras e axencias, desenvolvendo nelas proxectos e realizando traballos de ilustración, deseño de personaxes e animación para publicidade e televisión.

 

No ano 2015 regresou á Coruña onde fundou estudo propio desde o que traballa actualmente como freelance para proxectos comerciais e outras colaboracións profesionais.

 

[Img #46415]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress