Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 9 de agosto de 2018 | Leída 146 veces

A XIII Edición do Concurso «de Tapas por Arteixo» chega esta fin de semana con dous novos locais participantes

Nunha rolda de prensa celebrada onte pola mañá no local Arume Arpado, de Arteixo a Presidenta do Arteixo CCA e a Concelleira de Promoción Económica Patricia Amado, presentaron a nova edición do Concurso de Tapas por Arteixo, que comeza este xoves día 9 pola noite…

[Img #46422]

 

O Concurso de Tapas estival será unha única fin de semana, e rematará na noite do domingo 12 de agosto. Poderanse probar as 12 tapas a concurso, que terán unha variedade sen precedentes: verduras, tenreira, ourizo de mar ou peixes serán algúns dos ingredientes das propostas desta edición.

 

Silvia Cupeiro, Presidenta do Arteixo CCA, resaltou que  «contamos con dous novos establecementos que entran neste tradicional roteiro gastronómico bianual da vila, na que se notou unha considerable mellora tanto da diversidade como da calidade».


Isto foi debido a que nesta edición do Concurso repartíronse 10 ingredientes base entre os 12 locais participantes, e deixouse aberta a opción de utilizar outros ingredientes distintos dos sorteados, algo que fixeron moitos hostaleiros. 

 

«Coma nas anteriores edicións, o público terá a opción de votar a tapa que máis lle guste, despois de ter probado 4 tapas distintas e telas marcadas na súa folla de votación -que é á vez un mapa para saber onde está cada local-, e tamén votar ao local que lles prestase mellor atención», comentou Cupeiro. Deste xeito, o público convírtese no xurado popular que entregará o seu premio á mellor tapa e o premio ao mellor servizo. 

 

E para agradecerllo, Arteixo Centro Comercial Aberto, entidade organizadora, e Distribucións Cotelo, empresa colaboradora, sortearán distintos premios e 300€ en vales de compra entre os e as comensais votantes.

 

Ademais destes premios, estará o premio do Xurado Profesional, outorgado por varias persoas do sector, e que estará dotado de 300€ para o local gañador.

 

A Concelleira de Promoción Económica, Patricia Amado, resaltou «a importancia deste concurso para a actividade social e empresarial da vila». Amado animou «á toda a xente de Arteixo e de fóra a vir a visitarnos, porque as tapas están sempre moi ricas, e nesta edición teñen aínda mellor pinta». A Concelleira tamén fixo fincapé en que «O Concurso de Tapas por Arteixo é un evento gastronómico que conta con 6 anos de tradición nesta vila, na que se chegan a vender 10.000 tapas nunha soa fin de semana, o que o convirte nunha das actividades de maior interese económico para o sector hostaleiro arteixán».

 

Para pechar a rolda de prensa, deuse a probar a proposta deste ano do Arume Arpado, local gañador, xunto coa Hamburguesería IVI, dos premios á mellor tapa por xurado popular e xurado profesional.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress