Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 9 de agosto de 2018 | Leída 203 veces
psoe

Martín Seco “O Concello de Arteixo a instancia do Grupo Municipal Socialista procederá a iniciar o irmandamento cunha Daira do Campo de Refuxiados Saharaui

O PSdeG-PSOE de Arteixo agradece ao resto dos Grupos Municipales de Arteixo o apoio e implicación no inicio dos trámites para proceder a irmandar ao Concello de Arteixo cunha Daira da República Árabe Saharaui Democrática, co fin de colaborar co goberno saharaui nos problemas que se atopan a cidadanía dos campos de refuxiados e as zonas liberadas...

O Concello de Arteixo por unanimidade aprobará o inicio dos trámites do irmandamento do noso concello coa Daira “Der Tiegisit” do territorio saharaui, co fin de colaborar co goberno saharaui en proxectos de amizade, solidariedade, asistencia e auxilio mutuo e intercambio cultural recíproco, así mesmo asinará un convenio de colaboración para este 2018, no que atenderá a alerta alimentaria manifesta pola Luna Roxa Saharaui con preto de 30.000 euros para un stock de emerxencia que abastecerá a unhas 125.000 persoas das preto de 173.600 que se atopan refuxiadas nese territorio.

 

Dende o grupo Socialista queremos agradecer ao resto dos grupos o apoio a esta iniciativa e felicitarnos porque Arteixo se incorpore aos concellos que solidariamente colaboran en proxectos de desenrolo para a poboación máis necesitada do planeta e esperamos que esta sexa o inicio dunha colaboración longa no tempo que beneficie a ambos pobos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress