A primeira visita terá lugar este domingo co fin de desestacionalizar a afluencia de visitantes...
A alianza marcada polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xestionado pola Consellería do Medio Rural, xunto con Renfe, Vitrasa e as navieras permitirá que 358 visitantes da vila de Arteixo (A Coruña) gocen de visitas guiadas polas Illas Cíes.
Os grupos organizados, cunha media de idade de 60 anos, visitarán as Cíes e coñecerán a flora e fauna que alí habitan. Entregaráselles mapas despregable e folletos temáticos; así como tamén serán informados da normativa do parque.
Primeira visita
A primeira visita realizarase mañá, domingo 5 de setembro, co fin de desestacionalizar a afluencia de visitantes e descubrir os encantos do parque no outono. Nesta ocasión, a naviera que colaborará coa empresa de ferrocarís é Nabia.
Novas ofertas
Nos vindeiros meses, Renfe trasladará a súa oferta para escolares e outros colectivos para gozar de visitas guiadas no outono e primavera nas illas do Parque Nacional.